O despegue da acuicultura ecolóxica en Galicia

O sector da acuicultura ecolóxica e da recolleita de algas aumentou o seu volume de vendas en máis dun 260% no ano 2014 con respecto ao 2013, o que supón preto de 700.000 euros máis de facturación no último ano.

Por GC Emprende | Cabanas | 25/11/2015

Destacouno esta mañá a conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha xornada sobre acuicultura ecolóxica celebrada no CEIP Eladia Mariño de Cabanas.

Rosa Quintana fixo fincapé tamén no aumento constatable do número de empresas inscritas no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia nos últimos anos. Así, destacou que no ano 2009 só existían 4 empresas elaboradoras de produto acuícola en ecolóxico rexistradas e agora hai 14. Polo que respecta ás empresas recolledoras de algas en ecolóxico, sinalou que se pasou de dúas existentes no 2009 ás 5 que se contemplan na actualidade. Ademais, tamén fixo referencia á evolución do número de operadores con bateas inscritos, pasando de 2 no ano 2009 aos 33 actuais.

A conselleira do Mar trasladou que, á vista dos datos, constátase que “o sector da acuicultura ecolóxica e da recolleita de algas está en pleno auxe, xa que medrou de xeito espectacular en termos económicos”. Estamos diante dun eido produtivo que dá valor engadido a estes produtos “abrindo o camiño a novas oportunidades de negocio”, dixo.

Neste sentido, a conselleira incidiu novamente na futura Lei de Acuicultura que potenciará o desenvolvemento desta actividade en ecolóxico co obxecto de acadar unha sustentabilidade, tendo en conta os criterios medioambientais, económicos e sociais.

Marco das xornadas
Este encontro enmárcase no ciclo de relatorios que se están impartido en diversos centros educativos galegos, ao abeiro do convenio subscrito entre a Consellería do Mar e o CRAEGA. Esta colaboración materializouse co fin de coordinar accións de promoción dos produtos ecolóxicos do mar de Galicia.

A serie de xornadas desenvólvese nalgúns colexios da nosa comunidade ao longo deste mes de novembro co propósito de fomentar o consumo de produtos do mar ecolóxicos e certificados entre os escolares.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Rosa Quintana con Alberto Núñez Feijóo/ Ana Varela

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.