As empresas galegas afondan na internacionalización

Expocoruña reuniu nun mesmo espazo a cen importadores de doce países;Chile, China, Colombia, Etiopía, Francia, Marrocos, Estados Unidos, México, Perú, Polonia, Portugal e Reino Unido.

Por GC Emprende | A Coruña | 27/11/2015

As empresas galegas tiveron máis de 2.400 contactos na segunda edición de Exporpymes que ten lugar na Coruña e na que participaron 150 firmas dos sectores de alimentación, bebidas, construción e editorial, entre outros ámbitos representados en menor medida.
 
Expocoruña reuniu nun mesmo espazo a cen importadores de doce países -Chile, China, Colombia, Etiopía, Francia, Marrocos, Estados Unidos, México, Perú, Polonia, Portugal e Reino Unido- e empresas galegas exportadoras, así como pemes, profesionais, expertos, institucións e emprendedores con vocación internacional.
 
Este evento de internacionalización foi organizado pola Cámara da Coruña e o instituto de promoción económica Igape, coa cofinanciación do Concello da Coruña e fondos Feder da Unión Europea a través da Cámara de Comercio de España.
 
Para o presidente da Cámara da Coruña, este tipo de eventos "son fundamentais para que as pemes galegas poidan dar a coñecer aos importadores estranxeiros o seu saber facer". Estas reunións "permiten sumar esforzos, xa que os empresarios consolidados apoian a aqueles que se inician na exportación e a suma de todos transmite unha imaxe sólida do empresariado galego e, polo tanto, de Galicia", engadiu.
 
Tamén o alcalde da Coruña afirmou que "Galicia conta cunha balanza comercial positiva, posto que as exportacións son superiores ás importacións". "O noso comercio exterior está caracterizado pola capacidade que ofrece a cidade a través das súas infraestruturas", continuou sobre A Coruña.
 
"O sector do TIC e das operacións electrónicas na nosa cidade vai copando parcelas de mercado, no que aspiramos a ser cidade punteira", abundou. O alcalde asegurou que espera que todas as institucións e entidades da cidade traballen "xuntos para desenvolver o comercio exterior a través das infraestruturas aeroportuarias".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha empresa realiza probas en biotecnoloxía / www.emaze.com

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.