Os mellores "gastroemprendedores" galegos comparten experiencias

O Basque Culinary Center celebra, o vindeiro luns 30 de novembro, un dos seus coñecidos talleres Culinary Action! en Santiago de Compostela. A xornada contará con sete emprendedores gastronómicos de Galicia, ademais das charlas de tres expertos en rendibilidade, redes sociais e márketing no sector hostaleiro.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 30/11/2015

Culinary Action! chega a Santiago de Compostela o luns 30 de novembro cun taller centrado en analizar os casos de éxito de cociñeiros e hostaleiros emprendedores, contados en primeira persoa polos seus protagonistas: chefs que, como propietarios e/ou xestores dos seus negocios, asumen un papel como empresarios.

Estes talleres están organizados por Basque Culinary Center, a primeira Facultade de Gastronomía de España (situada en San Sebastián e adscrita a Mondragon Unibertsitatea), que abriu as súas portas fai xa cinco anos e que, desde entón, non cesou de traballar para lograr o seu obxectivo de desenvolver sinerxias da cociña coa xestión, a ciencia e outras disciplinas.

Na nova cita de Culinary Action! en Santiago expoñeranse, en cada unha dos relatorios, un total de sete casos de proxectos gastronómicos con perfil emprendedor, contados polos seus protagonistas, desde dúas perspectivas: cociñeiros e emprendedores; e empresarios á fronte dos seus negocios. Ademais, celebraranse tres charlas temáticas dentro dunha dinámica de grupos, conducidas por expertos en emprendimiento e xestión hostaleira.

Participantes

Culinary Action! Santiago contará co testemuño de tres emprendedores en alta cociña; Pepe Solla, Solla (Poio, Pontevedra), Javier Olleros, Culler de Pau (O Grove, Pontevedra), Daniel Guzmán e Julio Sotomayor, Nova (Ourense); así como catro chefs emprendedores con diferentes conceptos de negocio: Gorka Rodríguez, A Pulpeira de Melide (A Coruña), Daniel López, Ou Camiño do Inglés (Ferrol), Iago Pazos, Abastos 2.0 (Santiago de Compostela), Alberto Lareo, Manso (Santiago de Compostela). Por último, levarán a cabo tres talleres dinámicos vinculados coa posta en marcha dun novo negocio: taller de Rendibilidade (Patricia Cuevas, IUNI Consultores e EuroCHRIE), redes sociais (Jorge Guitián, Gastrópodos e The KilomEATers) e un último de Márketing (Xabier de la Maza, Emprendedor en La e colaborador en Basque Culinary Center).

A xornada conta co patrocinio de Heineken España, que apoia este tipo de iniciativas no marco da súa decidida aposta pola gastronomía, pola profesionalización da hostalería, pola formación e polo emprendimiento; que desenvolve a través das Escolas de Hostalería da Fundación Cruzcampo, así como doutros programas e actividades.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Javier Olleros en Con Negro/ Foto: Sole Felloza para www.manuelgago.org

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.