As posibilidades do sector do videoxogo en Galicia

Agadic convoca unha xornada sobre as axudas europeas a este sector na que participarán como relatores Peter Andermatt, director da Oficina MEDIA España, e Fernando Prieto, socio de Gato Salvaje Studio.

Por GC Emprende | Compostela | 30/11/2015

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), está a organizar xunto á Oficina MEDIA España  unha nova sesión informativa sobre as axudas do subprograma MEDIA de Europa Creativa, centrada desta volta na convocatoria para o desenvolvemento de videoxogos.
 
Neste encontro intervirán Peter Andermatt, director da Oficina MEDIA España, e Fernando Prieto, socio de Gato Salvaje Studio. Os profesionais asistentes poden solicitar a través do correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.es  reunións individuais con ambos os relatores para realizarlles consultas específicas sobre os seus proxectos no ámbito dos videoxogos.
 
Nesta sesión, o director da Oficina MEDIA explicará as bases legais desta modalidade de axudas europeas, a través das que as compañías do sector poden optar a unha subvención máxima de 150.000 euros por proxecto. Ademais de facilitar información práctica para a presentación dos proxectos a esta convocatoria, nesta sesión afondarase nas posibilidades que ofrece o micromecenado ou ‘crowdfunding’ para o desenvolvemento deste tipo de produtos.
 
Neste sentido, Fernando Prieto achegaralles aos asistentes a súa experiencia como socio do estudio independente Gato Salvaje que, coa súa aventura gráfica ‘AR-K’, se converteu na primeira compañía galega con presenza en Steam, plataforma internacional de distribución de videoxogos con máis de 80 millóns de usuarios en todo o mundo.
 
A xornada, inserida á súa vez no programa formativo Galicia ProFilme, terá lugar o vindeiro mércores 2 de decembro, ás 16.30 horas, na Cidade da Cultura de Galicia e conta tamén coa colaboración do Clúster Audiovisual Galego (Clag).
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Unha das secuencias do videoxogo AR-K

Unha das imaxes dun videoxogo galego

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.