Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2024
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, alertou este martes sobre a "dobre victimización " que sofren as mulleres inmigrantes.
Abel Losada presidiu este martes unha concentración e minuto de silencio ante a sede gobernativa en repulsa ao crime machista de Fadoua Akkar, unha muller marroquí de 41 anos veciña da parroquia pontevedresa de Salcedo morta a mans da súa parella o pasado sábado en Domaio, en Moaña.
Losada convidou á cidadanía a reflexionar "sobre o que pasaría se o asasinato machista de Fadoua Akkar fose cometido por un cidadán marroquí con antecedentes por violencia de xénero e a muller asasinada fose unha cidadá española". O subdelegado preguntouse "cal sería a reacción da sociedade e dalgunhas forzas políticas?".
Neste sentido, dixo estar "seguro" de que "anteporían o cortoplacismo da discusión sobre a inmigración" fronte ao que, ao seu xuízo é o "feito fundamental" que é "tentar erradicar entre todos que as mulleres sexan asasinadas o feito de selo".
Neste acto de condena tamén participou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, así como membros do goberno local e da Corporación Municipal de Pontevedra, traballadores da Subdelegación, integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e das Forzas Armadas, entre eles o tenente coronel da Garda Civil de Pontevedra, Óscar Grañas, e o comisario provincial do Corpo Nacional de Policía, Juan José Díaz.
O alcalde de Pontevedra sinalou que coa sucesión de novos crimes machistas "temos que recoñecer que hai un certo fracaso, porque segue incrementándose o número de vítimas".
O rexedor informou que o Concello de Pontevedra puxo en contacto coa familia da vítima para ofrecer toda a axuda que necesiten desde o punto de vista administrativo das competencias municipais, pero que, de momento, non solicitaron ningunha asistencia.
Tamén confirmou o alcalde que o fillo menor de idade da vítima foi acollido pola súa familia en Vilaboa.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A estupidez de Abel Losada semella non ter límites... Ben coñecemos o seu paso polo Concello de Vigo onde só abriu a boca para autoxustificar a súa falta de ideas e de traballo. Claro que é dificil traballar cando no se sabe siquera que se pretende facer... O único que sabe é subcontratar e botar pola boca soflamas do tipo que estamos vendo... Non lle chegaba con gardar o "silencio protocolario" que tiña que retorcer a situación para facer política barata coa última vítima da violencia de xénero... Agardamos que algún colectivo de mulleres lle diga que está mellor caladiño... Abel Losada un inepto de categoría...!
O secretario de Economía e Emprego, Abel Losada. PSDEG