Asesoramento gratuíto para crear empresas

O Concello de Lugo e a EOI asinan un convenio para que máis de 260 lucenses reciban apoio gratuíto para crear unha empresa. O programa Inicia Coworking arrancará en abril co proceso de selección de proxectos.

Por GC Emprende | Lugo | 04/02/2016

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou este mércores o convenio de colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) grazas ao cal se ofrecerá apoio integral, individualizado e personalizado de xeito gratuíto a máis de 260 lucenses para pór en marcha con éxito á súa empresa, asegurando a súa viabilidade tanto técnica como financeira. Trátase do plan Inicia Coworking, que se desenvolverá a través do CEI Nodus.

O voceiro municipal, Miguel Fernández, lembrou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que, unha vez aprobado o convenio, procederase a súa sinatura coa EOI co fin de que esta entidade poida facer os trámites oportunos co fin de comezar o programa, que o Concello estima que poderá arrancar no mes de abril co proceso de selección de proxectos.

Na sesión deste mércores aprobouse o gasto de 80.000 euros para o exercicio do 2016 no marco deste convenio, cuxo orzamento total é de 800.000 euros, dos cales a Escola de Organización Industrial achega o 80%, é dicir, 640.000 euros –que á súa vez proceden do Fondo Social Europeo- e o Concello, o 20% restante (160.000 euros de fondos propios).

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Sinatura entre o Concello de Lugo e a EOI para darlle asesoramento gratuíto a emrpendedores lucenses / Concello de Lugo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.