Novas tecnoloxías, coaching e xestión para acadar a vangarda empresarial

A Cámara de Comercio de Santiago enfocará as súas accións formativas cara a informática, as novas tecnoloxías, economía e facendas e comercio.

Por GC Emprende | Compostela | 13/02/2016

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela acaba de presentar a súa programación formativa para o primeiros semestre do ano con cursos e xornadas sobre informática e novas tecnoloxías, economía e finanzas, recursos humanos, comercio e distribución, busca de emprego, idiomas, comercio internacional e emprendemento para as empresas dos trinta e dous concellos da demarcación cameral.

A entidade programou varias xornadas que tratarán de desenvolver temas demandados actualmente polas empresas, como a figura do community manager e a importancia das redes sociais, técnicas de coaching e habilitades directivas, seminarios prácticos de escaparatismo ou personal shopper para incentivar as vendas.

Os primeiros cursos inciaranse o 22 de febreiro. Impartirase formación ás empresas para crear unha web corporativa de maneira fácil e práctica a través de wordpress. Ofrecerase nesas mesmas datas un curso de xestión sobre as obrigas laborais e fiscais para dotar ás pequenas e medianas empresas das ferramentas necesarias para lograr un control íntegro da empresa desde un punto de vista legal e un control interno que lles permita maximizar o beneficio do seu negocio.

Ademais, a Cámara desenvolverá o Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE), cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). Este programa está dirixido a mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Juvenil, onde a Cámara se sitúa como punto de inscrición de referencia. Impartirase unha formación troncal sobre tecnoloxías da información e da comunicación, empregabilidade e habilidades sociais e inglés, xunto con outras formacións específicas coa finalidade de axudar á mocidade a incorporarse ao mercado laboral.

A Cámara celebrará tamén dúas edicións do programa de creación e consolidación de empresa, en colaboración coa Fundación Incyde, dúas xornadas relacionadas co comercio exterior sobre oportunidades comerciais en Perú e franquicias.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago no Polígono Costa Vella

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.