A situación do galego ao borde do "colapso": 34.000 nenos galegofalantes fronte a 180.000 castelanfalantes

Un informe da RAG alerta dunha caída "descomunal" de galegofalantes entre os 5 e os 14 anos. O futuro do galego é moi negro de non tomarse medidas contundentes, especialmente, na educación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2024

O galego está nunha situación crítica, case de "colapso". É a alerta que fai a RAG tras presentar un informe demoledor sobre a situación do noso idioma. Os nenos de 5 a 14 anos empregan "pouco ou nada" o galego e os que o falan habitualmente son 34.000 fronte aos 180.000 que utilizan só o castelán para comunicarse. 

A maioría de nenos que aprenderon a falar en castelán manteñen o idioma e tenden cara a prácticas monolingües, mentres que os que aprenderon en galego "manteñen menos a súa lingua e tenden máis cara ás prácticas bilingües".  En paralelo, os castelanfalantes iniciais "tenden cada vez menos" a incorporar o galego ás súas prácticas lingüísticas, cando cos galefogalantes pasa o contrario: "tenden máis cara á incorporación do castelán".

Son algunhas das principais conclusións extraídas dun informe publicado pola Academia en base aos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) o pasado mes de outubro, que alertaba non só de que por primeira vez o idioma cooficial deixaba de ser o maioritario entre a poboación, 

"O COLAPSO"

A institución académica alerta de que "o declive cada vez máis pronunciado do galego está a achegarse perigosamente ao limiar do colapso". A pesar diso, destaca a "notable vitalidade do idioma e o sólido compromiso de sectores significativos da cidadanía" que fan que esta tendencia seaaún "reversible".

Neste contexto, a RAG pide que "de forma urxente" que se poñan en marcha "políticas eficaces" que conten co "impresincible impulso" das institucións e co "respaldo da maioría da sociedade". A Real Academia Galega confirma que hai en marcha un "proceso de substitución" do idioma propio, un fenómeno que se había desacelerado nas últimas décadas do século XX pero que "gañou un novo impulso ao longo do presente século".

"O monolingüismo en castelán avanza velozmente, alcanzando proporcións nunca vistas na franxa de poboación escolarizada, mentres que son os galegofalantes os que máis practican o bilingüismo. Por tanto, este continúa sendo un bilingüismo en boa medida diglósico e asimétrico, por unilateral (dos galegofalantes máis que dos castelanfalantes) e por sustitutivo (isto é, de transición ao castelán)", sentencia o informe.

UN ESBORRALLE DE GALELGOFALANTES EN 20 ANOS

Estas conclusións extráense tras comprobar as cifras do IGE que sinalan como, nas últimas dúas décadas, o número de galegofalantees --monolingües e bilingües-- esborrallouse en 400.000, á vez que os castelanfalantes incrementáronse en 380.000. Ademais, os cidadáns que falan sempre en castelán son o grupo máis numeroso (29,2%), fronte aos que sempre o fan en galego (23,99%).

Pero a situación entre os máis novos "é moito peor", porque as respostas á enquisa estima que hai uns 34.000 os menores de 5 a 14 anos que son galegofalantes, fronte a uns 180.000 do castelán. A caída do galego nestes valores nos últimos 20 anos é "descomunal".

Aínda que unha maioría "ampla", pero "decrecente", de persoas de 15 ou máis anos aínda se declaran capaces de falar galego, "só a metade" da poboación considera esta competencia como satisfactoria. "A situación é peor na escrita", engade a RAG, porque a porcentaxe de incompetentes sitúase no 40% e con tendencia a incrementarse. Todos estes valores son moito máis baixos na infancia, entre os 4 e os 15 anos.

UN 16 DE "DESGALEGUIZACIÓN"

En canto á transmisión interxeneracional, o mantemento do idioma nativo é maioritario, pero naqueles casos nos que hai un cambio de lingua "resulta, novamente, desfavorable ao galego". Así, hai un 16% de desgaleguización --persoas que recibiron o galego dos seus pais pero que non llo transmiten aos seus descendentes-- por un 2% de regaleguización.

O informe tamén constata que as prácticas bilingües dos pais cos seus fillos "acaban favorecendo máis o uso por parte destes do castelán". Ademais, tendo en conta as variables sociais, confírmase que o perfil dos galegofalantes "debuxa un grupo cada vez máis envellecido", formado en boa parte con persoas de estudos básicos e que viven en comarcas periféricas, con menores rendas que a media e cada vez máis despobladas. A RAG pon como exemplos a Costa da Morte, o interior da provincia da Coruña, as zonas ao leste de Lugo e o sur da de Ourense.

A pesar de que nos últimos anos apareceu un perfil minoritario de galegofalantes novos e urbanos, con estudos medios ou superiores, a presenza do idioma é marxinal nas cidades de Vigo, A Coruña, Pontevedra e Ferrol. En cambio, obsérvase unha presenza "bastante sólida" en Santiago e Lugo, igual que en vilas medias como Ordes e Carballo, e áreas máis densamente poboadas como as comarcas da Mariña e O Barbanza.

CAMBIO DE MODELO EDUCATIVO

O estudo, que analiza a evolución do idioma desde 1992, evidencia que, fundamentalmente en ámbitos urbanos e periurbanos, o sistema educativo "ten un efecto netamente galeguizador" que non se debe soamente á lingua na que se imparte a docencia, senón tamén "á presión da lingua de iguais", é dicir, á que se utiliza para socializar.

Neste contexto, en base ás cifras do IGE, "é claro que o modelo educativo actual non está a cumprir o mandato" da Lei de Normalización Lingüística de 1983, que no seu artigo 14.3 establece que as autoridades educativas deben garantir que, ao finalizar os ciclos nos que a materia de Lingua Galega é obrigatoria, os alumnos deben coñecela, en niveis oral e escrito, en "igualdade co castelán".

Tampouco se cumpre un dos obxectivos do polémico decreto do plurilingüismo aprobado pola Xunta en 2010, que dispón no seu artigo 4º que uno dos seus obxectivos é "a adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas oficiais de Galicia". "Por tanto, existe unha disonancia patente entre os obxectivos da lei e as fórmulas aplicadas para logralo", subliña a RAG, que ve "imprecindible" un cambio de modelo aínda que debe ir "acompañado dun conxunto máis amplo de medidas". De feito, así o reclamou en sucesivos informes o Cosejo de Europa.

Así mesmo, ve necesario "revisar as orientacións curriculares" porque "non ten sentido" que estas sexan idénticas, cos mesmo obxectivos e as mesmas metodoloxías, para os aprendices galegofalantes e para os castelanfalantes.CAMBIO DE MODELO EDUCATIVO

O estudo, que analiza a evolución do idioma desde 1992, evidencia que, fundamentalmente en ámbitos urbanos e periurbanos, o sistema educativo "ten un efecto netamente galeguizador" que non se debe soamente á lingua na que se imparte a docencia, senón tamén "á presión da lingua de iguais", é dicir, á que se utiliza para socializar.

Neste contexto, en base ás cifras do IGE, "é claro que o modelo educativo actual non está a cumprir o mandato" da Lei de Normalización Lingüística de 1983, que no seu artigo 14.3 establece que as autoridades educativas deben garantir que, ao finalizar os ciclos nos que a materia de Lingua Galega é obrigatoria, os alumnos deben coñecela, en niveis oral e escrito, en "igualdade co castelán".

Tampouco se cumpre un dos obxectivos do polémico decreto do plurilingüismo aprobado pola Xunta en 2010, que dispón no seu artigo 4º que uno dos seus obxectivos é "a adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas oficiais de Galicia". "Por tanto, existe unha disonancia patente entre os obxectivos da lei e as fórmulas aplicadas para logralo", subliña a RAG, que ve "imprecindible" un cambio de modelo aínda que debe ir "acompañado dun conxunto máis amplo de medidas". De feito, así o reclamou en sucesivos informes o Cosejo de Europa.

Así mesmo, ve necesario "revisar as orientacións curriculares" porque "non ten sentido" que estas sexan idénticas, cos mesmo obxectivos e as mesmas metodoloxías, para os aprendices galegofalantes e para os castelanfalantes.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

fer

Para que logo digan ca xunta non fai ben o seu traballo, un presidente que se manifestou no seu dia contra o galego conseguindo que non se fale galego, vaia sorpresa eh!!!


Varios nenos xogan no colexio no inicio do curso escolar / Marta Fernández Xara - Europa Press - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.