Axudas para accións das industria cultural no exterior

O DOG publicou esta semana as bases desta convocatoria, á que se destina un total de 420.000 euros fronte aos 350.000 adxudicados en 2015.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 23/03/2016

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova convocatoria de subvención ás actividades de distribución para as industrias culturais por un importe total de 420.000 euros. 
 
Esta dotación supón un incremento do 20% respecto da contía destinada en 2015 a estas axudas, a través das que se busca favorecer a exhibición de espectáculos galegos profesionais dentro e fóra da nosa Comunidade, así como a promoción exterior dos nosos produtos culturais en mercados e feiras de carácter internacional.
 
O prazo de solicitude desta convocatoria, inserida dentro do programa xeral de axudas da Agadic ás industrias culturais, esténdese desde mañá e ata o vindeiro 31 de agosto para aquelas actividades desenvolvidas entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de outubro de 2016. A súa concesión é automáticas e realízase por orde de recepción, atendendo todas aquelas solicitudes que reúnan os requisitos esixidos ata finalizar o prazo ou, no seu caso, ata o esgotamento do orzamento asignado.
 
Catro modalidades
Mantense este ano a clasificación destas subvencións en catro modalidades. As tres primeiras delas, para as que se reserva un orzamento de 310.000 euros, están dirixidas a accións que se realicen fóra de Galicia (distribución de espectáculos escénicos e musicais, representación de espectáculos de artes escénicas e de música en feiras e festivais, e asistencia a feiras e mercados culturais), mentres que a cuarta destínase a apoiar a distribución escénica dentro da nosa Comunidade.
 
Ademais, este ano inclúese na categoría para  feiras e mercados culturais a asistencia a Womex 2016, que se celebrará en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro.
 
Con esta liña de axudas, a Xunta busca favorecer a internacionalización das nosas industrias culturais contribuíndo a financiar parte dos gastos que asumen as empresas á hora de buscar unha maior proxección do seu traballo e dos seus produtos fóra de Galicia. Neste sentido, en 2015 a Agadic adxudicou un total de 350.742 euros en subvencións para distribución a 53 empresas culturais.
 
A través desta contía, contribuíuse á realización de 435 actuacións de teatro, danza, novo circo e música dentro e fóra da Comunidade, así como á promoción exterior dos produtos culturais galegos mediante 35 accións desenvolvidas en mercados e feiras internacionais. Portugal, Italia, Reino Unido, Arxentina, Brasil, Costa Rica, Ecuador, Perú, México, Estados Unidos, Marrocos ou Taiwán foron algúns dos destinos incluídos nas xiras internacionais das empresas subvencionadas, que tamén realizaron numerosas accións en diferentes localidades españolas.
 
Entre os solistas, grupos musicais e compañías escénicas que o ano pasado contaron con axuda para as súas actuacións no estranxeiro atopamos nomes tan coñecidos como Budiño, Carlos Núñez, Leilía, Luar na Lubre, Radio Cos, Rosa Cedrón, Sumrrá, Xoán Curiel, El Retrete de Dorian Gray, Inversa Teatro, La Macana, Matarile Teatro, Neodans, Ningures Producions, Pistacatro, Tanxarina Títeres ou Títeres Cachirulo.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O gaiteiro Budiño nunha feira promocional

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.