Consellos para salvar a burocracia de abrir unha tenda

Moitas persoas escollen o pequeno comercio como o campo para o seu desembarco no emprendemento. O certo é que a leve recuperación económica e a caída dos prezos de alugueiros dos locais nalgunhas zonas urbanas animan a aventurarse neste sector. Agora ben, antes de tomar a decisión final debemos avaliar se podemos salvar as seguintes barreiras que nos pode pór a administración e, ás veces, os propietarios dos locais.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 24/04/2016

Cómpre lembrar que a concesión dunha licencia de apertura para unha tenda pode tardar normalmente entre 15 días e 4 meses. Tamén é certo hai sectores nos que a licencia se pode pedir a posteriori, dentro de certo prazo, ou cunha mera declaración responsábel. En todo caso, a licencia final pode tardar varios anos. E será esta licencia final a que nos abrirá as portas, por exemplo, para lograr financiamento no banco. 
 
Así que, para evitar sorpresas desagradábeis de última hora, cómpre, antes de alugar un local, documentarnos ao máximo, por exemplo a través dun asesor especializado ou de portais de consellos prácticos como Don Comos. Con esta información na man, debemos visitar a un técnico municipal responsábel do urbanismo. Do Concello hai que saír totalmente seguro de se o recinto ten todas as condicións para a tenda na que pensamos, ou se cómpre executar reformas. 
 
É necesario recordar sempre que cada sector ten as súas normas específicas. Non son os mesmos os requerimentos que se lle piden a unha asesoría, a un hostal ou a unha cafetería. Así, por exemplo, dispor de proxecto de actividade pode ser prescindíbel no caso do que o local xa está en plenas condicións ou o negocio caia dentro do que as administracións chaman actividades inócuas. Ter en conta tamén que, no caso de ampliacións ou cambio de actividade, é frecuente que necesitemos máis potencia eléctrica e polo tanto o consecuente un proxecto de instalación asinado por un técnico. 
 
Outro aspecto importante do ‘papeleo’ é que o emprendedor tamén necesitará darse de alta diante da Agencia Tributaria no imposto de actividades económicas, no epígrafe que lle corresponda en función do subsector do seu comercio. 
 
Podemos aproveitar a visita á Agencia Tributaria para solicitar información sobre posíbeis cargas que pesen sobre o local. Non é o primeiro emprendedor que atopa que o local baratísimo que lle alugaron está embargado pola Administración e cómpre lembrar que os embargos de Facenda sempre teñen preferencia sobre calquera outra débeda. 
 
Por último, no proceso de reunir toda a documentación para abrir un comercio, debemos solicitar copia das facturas dos últimos suministros pagadas polo anterior inquilino. Aínda que nós abonemos puntualmente os recibos, unha débeda anterior pode causar que, sin enterarnos, descubramos un día que o noso negocio non ten luz ou auga. Ademais, o propietario debe facilitarnos o correspondente certificado de eficiencia enerxética.
 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán De compras nas rebaixas de verán

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.