Abanca di que o seu financiamento ás empresas galegas xerou un impacto do 11,13% sobre o PIB da comunidade

Os recursos canalizados polo banco ao tecido produtivo galego supuxeron un impacto de 6.210 millóns en valor engadido bruto en 2015 e, en termos de emprego, o impacto cífrase en 131.900 persoas, o 11,82% dos postos totais.

Por GC Emprende | Vigo | 19/05/2016

O volume de financiamento mantido por Abanca coas empresas e autónomos galegos a peche de 2015 supuxeron un impacto equivalente ao 11,13% do PIB da comunidade. En termos de emprego, o apoio do banco galego ao tecido produtivo de Galicia a través de financiamento tradúcese nun impacto cuantificable en 131.900 postos de traballo, o 11,82% do total da comunidade.

Así o suliña a entidade bancaria quen dá conta dun estudo que realizado con datos de 2015 polo Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME), adscrito ao Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela.

Baixo a coordinación do profesor e investigador Melchor Fernández, o traballo ofrece unha estimación do impacto total resultante da actividade do banco sobre a renda e o emprego da comunidade autónoma de Galicia. Para cuantificalo tivéronse en conta dúas vías de influencia de ABANCA sobre a economía galega: en primeiro lugar, a súa actividade corporativa, que engloba as rendas salariais, a contratación de provedores, o mecenado e o pago de impostos; e en segundo, a actividade desenvolvida polas empresas ás que ABANCA proporciona financiamento.

Abanca mantiña a peche de 2015 un volume de financiamento ao tecido empresarial galego de 8.035 millóns de euros. A entidade galega proporciona recursos para o desenvolvemento da súa actividade a 85.216 empresas e autónomos da comunidade, que en total empregan a 537.728 persoas. En termos porcentuais, o financiamento concedido por ABANCA chega ao 35% das empresas e autónomos galegos, repercutindo desta maneira sobre o 48% do emprego total da comunidade.

O financiamento concedido polo banco con sede en Galicia tradúcese nun impacto sobre a economía da comunidade, expresado en valor engadido bruto, de 6.210 millóns de euros, un 11,13% do PIB. En emprego este impacto cífrase en 131.900 postos de traballo, o 11,82% do total xerado polas empresas e autónomos radicados na comunidade.

O banco emprega en Galicia de maneira directa a 3.730 persoas, o 81,2% do seu persoal total. Esta cifra supón o 0,4% do emprego afiliado á Seguridade Social en Galicia e o 40% do total xerado polo seu sector financeiro.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Oficina de Abanca

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.