Como cobrar débedas internacionais?

A Cámara de Comercio de Santiago celebra un seminario online sobre recobro internacional de débedas no que se analizarán os principais procedementos a seguir fóra do territorio español.

Por GC Emprende | Compostela | 21/06/2016

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o próximo día 29 un seminario online sobre o recobro internacional de débedas, en colaboración co bufete Ignacio Fernández Abogados Asociados.

A sesión, que comezará ás 16:00 horas, establecerá unha aproximación ao concepto de recobro internacional de débedas e ás principais causas que producen o fenómeno. Detallaranse os sistemas de recobro, apuntando en cada caso as vantaxes ou inconvenientes. Ademais, analizaranse os principais procedementos a seguir fóra do territorio español. O obxecto é que os participantes adquiran os coñecementos precisos para garantir a máxima efectividade nestes procesos de cobro en xurisdicións estranxeiras.

A avogada e colaboradora do bufete Ignacio Fernández Abogados Asociados, Ana Pau, será a responsable de dirixir a xornada online, que se estenderá durante media hora e se impartirá a través da plataforma Gotowebinar. Ao finalizar a conferencia, a experta atenderá as dúbidas dos participantes a través do chat.


Os interesados en inscribirse deben facelo a través do seguinte enlace: https://attendee.gotowebinar.com/register/2485626729897153794

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Servizo especializado no cobra de débedas de morosos /elpayasocobrador.com

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.