Onde imprimo as tarxetas de visita?

Un dos primeiros gastos que debe afrontar calquera persoa que vai a operar un negocio é a papelería. Tarxetas de presentación, carpetas, material promocional e carteis son necesarios como soportes de calquera nova marca que se queira dar a coñecer de xeito eficaz.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 19/07/2016

Á hora de elixir provedor, é necesario valorar que as imprentas en liña -nas que se tramita o pedido a través da Internet e se recibe o material impreso por correo- poden supor un aforro medio de até o 50 por cento respecto a un negocio convencionall. Tamén é máis doado comparar ofertas, porque xa non é necesario esperar a que as imprentas nos manden un orzamento e ter que ir recoller o pedidoao poder obter un orzamento pechado na web. 
 
Malia carecer da total inmediatez, as imprentas na Rede ofertan normalmente prazos de entrega moi curtos, sobre todo para pedidos de pequeno formato e que se imprimen mediante tecnoloxía dixital. Por exemplo, os que queiran imprimir cartóns de visita poden atopar prazos de entrega de 24 horas e incluso menos. 
 
Antes de mandar calquera traballo á imprenta, cómpre asegurarse de que a imaxe mantén o formato orixinalmente pensado. Afortunadamente, nalgúns negocios en liña inclúen canda a impresión a revisión da imaxe tanto no formato do arquivo como en cuestións básicas de deseño, entre outras: a resolución das imaxes, o sangrado e a marxe de seguridade. No caso de non teren sido revisadas previamente por un deseñador, cómpre elixir un servizo que non traballe só con sistemas automáticos de control de arquivos, que se limitan a informar mediante correo electrónico dos problemas que presenta o arquivo remitido. Ademais, existen imprentas que ofrecen o servizo dun deseñador para que eles creen ou monten o deseño que queira o cliente. 
 
Hoxe en día nas imprnetas a través da Internet pode contratarse gran diversidade de produtos. Non só as tradicionais tarxetas, adhesivos personalizados, papelería de empresa, folletos, pegatinas ou dossieres; tamén elementos pensados para a publicidade exterior como, por exemplo, vinilos para escaparates, paredes ou coches, as lonas normais ou microperforadas e paneis de PVC de impresión directa  cos que decorar o teu local.
 
Cómpre ter en conta que no caso dos autónomos ou pequenas empresas poden aproveitarse das vantaxes que ofrecen as imprentas en liña. Estes servizos telemáticos, como www.marcaprint.com, permiten acceder a prezos que a miúdo só poden desfrutar os grandes consumidores de material gráfico.
 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Tarxeta de visita en blanco / publicdomainimages.com

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.