A pegada dixital xa chega a banca móbil

ABANCA é o primeiro que incorpora o lector de pegada dixital tanto para clientes con móbiles Android como iOS.

Por GC Emprende | Compostela | 28/07/2016

ABANCA vén de lanzar unha nova versión da súa banca móbil que permite aos seus clientes acceder identificándose coa súa pegada dactilar. O banco galego é o primeiro en España en ofrecer este servizo aos usuarios con móbiles con sistema operativo Android versión 6 ou superior, xa que esta funcionalidade estaba dispoñible ata agora unicamente para usuarios con dispositivos de Apple. O 77% dos clientes de ABANCA con móbil teñen un dispositivo con sistema Android, mentres que o 23% dispón dun móbil de Apple.

“Un dos nosos principais obxectivos é que a experiencia de usuario sexa o mellor posible e, con esta nova funcionalidade, conseguimos que o cliente poida acceder de forma máis cómoda e rápida, mantendo a mesma seguridade”, explica Rebeca Cores, directora de Arquitectura de ABANCA.

Esta nova forma de acceso con pegada en substitución do PIN mantén a máxima seguridade nas operacións e o seu uso está dispoñible en todos aqueles smartphone que incorporan esta tecnoloxía (actualmente os principais fabricantes de terminais para plataforma Android incorporan lector de pegada dixital).

A incorporación do acceso por pegada dactilar coincide co lanzamento dunha nova versión de banca móbil cun deseño máis atractivo e novas funcionalidades para os clientes. Unha das funcionalidades máis destacadas que incorpora esta actualización é a posibilidade de apagar e acender tarxetas, de maneira que só funcionarán cando o cliente queira. Ademais, desde a banca móbil tamén se pode modificar os importes máximos para operar con tarxetas, cambiar o pin da banca electrónica ou crear tarxetas virtuais de forma rápida e sinxela para comprar por internet.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Abanca acaba de incorporar o sistema de pago por pegada dixital

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.