Taller gratis sobre os mellores sistemas de financiamento empresarial

Ademais das prácticas convencionais, os participantes explorarán novos métodos de financiamento como o Crowdfundig ou o Business Angel.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 23/09/2016

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, en colaboración coa Xunta de Galicia e no marco das actividades da Rede Eusumo, organiza a próxima semana un taller gratuíto sobre “Como atraer financiamento para a creación dun proxecto empresarial” no viveiro de empresas de Costa Vella. A actividade está destinada a socios e persoas vencelladas a proxectos cooperativos ou de economía social, emprendedores ou persoas interesadas en xeral. Celebrarase do lunes-26 ao venres-30 en horario 9:30 a 13:30 horas.
 
Un dos obxectivos do taller é que os participantes coñezan os distintos sistemas de financiamento de proxectos, tanto públicos como privados, con especial referencia aos máis novidosos e menos empregados como son o Crowdfundig ou o Business Angel. Ademais, os alumnos aprenderán a resolver supostos prácticos sobre o financiamento dunha empresa, coñecerán modelos de prensentación para solicitar financiamento para un proxecto de empresa e analizarán como realizar presentacións eficaces de proxectos.
 
A responsable do viveiro de empresas da Cámara, Rosa Cardeso, explica que en moitos casos o éxito ou fracaso empresarial está marcado pola capacidade de dispoñer de recursos financeiros “suficientes” para emprender os investimentos necesarios para guiar con éxito unha startup. “Un de cada cinco proxectos continúa atopando grandes trabas para o acceso ao financiamento ou non se financia da maneira máis axeitado” –sinala–.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Rosa Caderso

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.