Asesoramento gratuíto para xerar ou reconverter empresas

Presentación o IV Campus de Emprendemento Sostible de Lugo con participantes de anteriores convocatorias das que resultaron ou melloraron 13 establecementos nesa provincia.

Por GC Emprende | Lugo | 24/10/2016

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentaron este luns a IV edición do Campus de Emprendemento Sostible. É o plan de fomento do emprego a través do que o organismo provincial ofrece a emprendedores formación, asesoramento individualizado e coñecemento sobre iniciativas empresarias consolidadas con visitas ás mesmas co obxectivo de abrir novos negocios ou reconverter os existentes, facéndoos máis competitivos e, polo tanto, incrementando os seus beneficios. 
 
4 obradoiros con novidades
“Baixo esta premisa”, explicou o Presidente, “acordamos incluír 4 cursos nesta nova edición do Campus de Emprendemento Sostible para uns 80 emprendedores”. Cada un deles está limitado a un máximo de 22 alumnos.  
 
“Por primeira vez, decidimos levar esta programación aos 3 centros públicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural. Trátanse do IES San Rosendo, en Mondoñedo; do IES A Terra Chá José Trapero Pardo, en Castro de Rei; e do Centro Alta Montaña, en Becerreá.
 
“Estaremos nestes centros de formación profesional dende esta mesma semana e durante o mes de novembro”. Hoxe a Deputación arranca o Campus no IES San Rosendo, a vindeira semana farao no centro chairego e a seguinte no da Montaña. 
 
“Campus de Motivación e Xeración de Idea”  para estudantes de FP
O Presidente explicou que “ofreceremos a un mínimo de 60 alumnos destes centros formación e asesoramento sobre os principais elementos a ter en conta á hora de abrir unha nova empresa, fomentando o emprendemento como saída laboral. Farémolo a través de 3 cursos do Campus que chamamos Motivación e Xeración de Ideas, que, ademais da  formación teórica e práctica, inclúe visitas a establecementos postos en marcha por emprendedores no rural, aproveitando os recursos naturais da provincia”. 
 
Coñecendo experiencias
Deste xeito, os participantes coñecerán os proxectos e experiencias de Aldea Artesán da Fraga, unha casa de turismo rural que naceu en Xermade; Obradoiro de Idoia Cuesta, recoñecida artesán de cestería e textil, que xa traballa a nivel internacional; Obradoiro Xaneco, dedicado á construción de instrumentos a músicos profesionais; Vida de Aldea, unha explotación gandeira, principalmente láctea, de Outeiro de Rei, que traballa nun proxecto de impulso ao medio rural e de implicación directa do consumidor cos produtos agrogandeiros para tentar eliminar intermediarios con motivo da baixa do prezo do leite; e Volta ao Sancho, o proxecto dun empresario de barnizados que, tras á crise, se reconverteu á agricultura ecolóxica. 
 
Maduración da Idea Empresarial, aberto ao público
O 4º curso estará aberto ao público en xeral, con prazas para 20 persoas, e terá lugar no Centro de Interpretación de Terras do Miño, durante a semana do 21 de novembro. “Chamamos a este curso do Campus Maduración da Idea Empresarial, pois está dirixido a persoas que xa teñen máis avanzada a súa idea de negocio”. 
 
“Ofreceremos asesoramento sobre a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental ou económica-financeira dos proxectos. Tamén se visitarán empresas consolidadas como Milhulloa, Granxa Maruxa, Parada das Bestas ou Arqueixal. Rematadas as clases teóricas e prácticas, haberá titorías individuais para un asesoramento máis personalizado co obxectivo de culminar as ideas empresariais”, apuntou o titular provincial. 
 
O prazo de solicitude para o Campus de Maduración da Idea Empresarial estará aberto a partires de mañá. Máis información en www.deputacionlugo.gal

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A Deputación de Lugo ofrece a 80 emprendedores asesoramento gratuíto para xerar ou reconverter empresas

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.