Galicia é a segunda autonomía que máis autónomos perde

As medidas como a tarifa plana da cotización facilitan o emprendemento, pero non serven para consolidar os negocios. No conxunto do Estado, a cifra de autónomos segue a medrar, pero moi pouco.

Por GC Emprende | Madrid | 06/12/2016

Até 8 comunidades autónomas perderon traballadores por conta propia no último ano, os popularmente coñecidos como autonómos. Son cifras pertencenteas a informe da Federación de Autónomos (ATA). Este colectivo estima en 27.706 o aumento de emprendedores (0,9%) no conxunto do Estado entre novembro de 2016 e o mesmo mes de 2015, un crecemento que supón a metade que hai un ano.
 
Con todo, e pese ao crecemento global, as comunidades de Aragón, Cantabria, Estremadura, Galicia, País Vasco e A Rioxa perderon traballadores autónomos rompendo a tendencia ao crecemento que mantiñan desde 2013, mentres que Castela e León e Asturias viron caer o número de emprendedores por segundo ano consecutivo.
 
En concreto, os autónomos baixaron no último ano en Castela e León en 1.682; en Galicia, en 1.525; en País Vasco retrocederon en 768; en Estremadura, en 719; en Aragón, en 500; en Asturias, 481 menos; en Cantabria unha caída de 190 e na Rioxa, 69.
 
En porcentaxes, os maiores crecementos de autónomos rexistráronse en Canarias, 2,4% de subida; Baleares, 2%, e Andalucía e a Comunidad de Madrid, ambas as co aumento do 1,9%.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

berna

Ímosche ben de carallo.


Protesta de autónomos, entre eles profesionais da venda ambulante galegos, diante das Cortes / www.muypymes.com/

Traballadores autónomos

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.