Oficinas para emprendendores a 195 euros en París

Con Station F, un megacampus que busca emprendedores tecnolóxicos, o país galo espera aproveitarse do Brexit. Os organizadores acaban de abrir o prazo para a solicitude de espazos por parte de pequenas empresas tecnolóxicas.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 08/12/2016

Conseguir que miles de emprendedores, investidores e inventores da área da tecnoloxía participen no mega-campus Station F en París e Londres. Este é o obxectivo declarado por Xavier Niel, un multimillonario frances.
 
En París, a sede xa está en construcción.  Cuns 34,000 metros cadrados, prevese que se inaugure na próxima primavera. Facebook Inc., Venche-Privée Inc., a escola de negocios HEC Paris e as firmas de capital risco Daphni e Ventech son algunhas das empresas que xa aceptaron instalarse no campus. 
 
Niel, considerado un dos máis ricos de Francia, investiu centos de millóns de euros para transformar unha vella estación nunha zona incubadora. Os promotores aseguran que hai unhas 3.000 oficinas para alugar. Os prezos, para ser París, serían ridículos.  En Station F, alugar unha oficina custará 195 euros mensuais, prometen. Francia aspira con este movemento captar parte das empresas que dubiden de instalarse no Reino Unido debido ao Brexit.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Presentación de Station F /joinstationf

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.