Chaves-Verín presenta en Fitur o primeiro produto turístico transfronteirizo da UE

O paquete turístico xira ao redor da ruta termal e da auga Verín-Chaves-Vidago.

Por GC Emprende | Madrid | 21/01/2017

A eurocidade Chaves-Verín acada o obxectivo de comercializar o seu principal referente promocional do destino transfronteirizo. Será mediante un paquete turístico comercializado pola axencia CnTravel en España e Portugal e a súa oferta estará dispoñible en Internet e en axencias de viaxe durante todo o ano 2017. 

A eurocidade presentou este paquete en Fitur —a feira do turismo que se celebra en Madrid—, que se centra no seu potencial como destino de auga e termal, ademais de como ruta enogastronómica e transfronteirizas.

Ademais, destácase tamén como destino de "película" en relación á coprodución luso-galaica "Vidago Palace", que se presentará este ano en primicia na eurocidade. A serie, ambientada no ano 1936, narra unha historia de amor no mítico Vidago Palace Hote. A coprodución, que promete ser un éxito de audiencia, xa foi vendida ás televisións italiana e polaca, e contibuirá á promoción internacional do destino Chaves-Verín.

A presidenta do Parlamento español, Ana Pastor, clausurou xunto coa directora de Turismo en Galicia, Nava Castro, a presentación deste destino, encomiando o proxecto de cooperación e os logros conseguidos nos últimos anos como “un referente, sen dúbida, na Península Ibérica”.

Ao finalizar a presentación en Fitur, o secretario técnico da AECT (Agrupación Europea de Cooperación Territorial), Pablo Rivera, entregou o pasaporte de embaixadora da ruta termal e da auga á presidenta do Congreso dos Deputados, convidándoa a completar a ruta, percorrendo os mananciais dos dous lados da “raia” . Pola súa banda, Pastor tamén lle comunicou a Pablo Rivera, secretario técnico do ente transfronteirizo, o convite para presentar o proxecto no Congreso.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Nava Castro, Ana Pastor e Pablo Rivera

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.