Programa europeo busca 50 emprendedores

A Escola de Organización Industrial (EOI) lanza a segunda convocatoria de European Coworkings EOI. A través desta iniciativa, 50 emprendedores beneficiaranse de mentorización e formación gratuíta por parte de expertos europeos para conseguir acelerar os seus proxectos empresariais.

Por GC Emprende | Madrid | 18/02/2017

Este programa de aceleración internacional ten como obxectivo apoiar a creación de empresas españolas de base innovadora con perfil internacional. Impulsado por EOI, conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE) e a colaboración das redes internacionais de apoio a emprendedores Impact Hub e EBN, coa participación de ANCES en España.
 
Nesta segunda convocatoria seleccionarase a 50 emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente, non máis de 24 meses antes da súa incorporación ao programa. Tamén é un requisito fundamental posuír un nivel de inglés fluído, tanto falado e escrito, xa que European Coworkings desenvólvese integramente nesta lingua. Dentro da convocatoria, destinaranse dez prazas a propostas de economía verde, vinculadas ás áreas de sustentabilidade, medioambiente, enerxías renovables e economía baixa en carbono.
 
O programa, totalmente gratuíto para os participantes, inclúe mentorización online e unha estancia de cinco semanas nun centro de emprendemento e innovación de 11 países da Unión Europea: Inglaterra, Alemaña, Francia, Portugal, Italia, Hungría, República Checa, Suecia,  Austria, Polonia e Bulgaria. A finalidade é que, ao concluír o proceso, conten cun plan solvente de aceleración ou internacionalización dos seus proxectos e que poidan beneficiarse do networking coa comunidade emprendedora europea. Así mesmo, o obxectivo último é a creación dunha Rede Europea de Mentores en Emprendemento.
 
Un proxecto con vocación de continuidade
 
A primeira edición de European Coworkings EOI comezou en outubro de 2016 e concluirá o 16 de febreiro cun  evento o marco de Transfire, Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, que se celebrará no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga (Fycma). No devandito evento, os emprendedores participantes presentarán os seus ?business pitches? ante varios comités evaluadores, compostos por mentores dos mellores centros de innovación e emprendemento europeos. Así mesmo, os mentores procedentes dos diferentes centros europeos poderán debater e compartir boas prácticas de mentorización.
 
Os beneficiarios da primeira edición foron seleccionados entre cen candidatos de toda España. A temática dos seus proxectos é moi heteroxénea, aínda que moitos comparten o seu carácter innovador, unha base tecnolóxica ou un compoñente de economía colaborativa e desenvolvemento sustentable. Plataformas online de intercambio de produtos e servizos, aplicacións móbiles, comercio electrónico, servizos de saúde e benestar para persoas e animais ou innovación no ámbito deportivo son algunhas das áreas nas que se encadran estas iniciativas participantes en European Coworkings EOI I Edición.
 
O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 12 de marzo na web de EOI.
 

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Fernando Bayón Mariné, Director General de EOI Escuela de Organización Industrial

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.