Formación especializada en control de xestión e marketing internacional

Os cursos, pensados para persoas con experiencia nos negocios, terán lugar no campus de IESIDE na Coruña durante os meses de marzo, abril e maio.

Por GC Emprende | A Coruña | 17/03/2017

A Coruña vai acoller dos programas especializados en xestión de empresas e mercadotecnia especial. Están organizados polo Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) , a escola de negocios dependente de Afundación.
 
En concreto o seminario sobre Planificación e Control de Xestión  terá lugar todos os venres e sábados entre o 17 de marzo e o 6 de maio, en horario de 16.30 h a 21.30 h e de 9.00 h a 14.00 h. O outro, especializado en Marketing Internacional será do 17 de marzo de 2017 ao 13 de maio de 2017, todos os venres de 16:30 h a 21:45 h e os sábados de 9:00 h - 14:15 h.
 
Formación en mercadoctenia impartida en inglés
Este programa, cuxa docencia será enteiramente en inglés, ofrece ao persoal directivo as últimas tendencias en estratexia de marketing internacional e serve como orientación para lanzamentos de produto e posición de marca internacional eficientes, á vez que reforza de forma intensiva as súas habilidades de comunicación intercultural.
 
Felipe Botayá García, Alfonso María Gómez, Javier López-Valcárcel, Valentí Camps Fons, Fernando Arístegui Monge, Álvaro Gómez Vieites, Begoña Jamardo Suárez e Tom van der Heydn son algún dos profesores.
 
Alumnos con experiencia
Este programa está pensado para mostrar como deseñar e implantar un sistema integrado de control desde unha perspectiva de dirección, que sirva para guiar a xestión das diferentes áreas da compañía caro os obxectivos estratéxicos e operativos. Os contidos a desenvolver inclúen contabilidade de xestión, planificación loxístico–produtiva, planificación comercial, planificación económico–financeira, síntese orzamentaria, control: cadro de mando integral e reporting financeiro.  
 
Está deseñado para profesionais con responsabilidade en áreas económicas ou financeiras, como directores financeiros, responsables de administración ou asesores de empresas, con experiencia de polo menos dous anos e será impartido polos docentes Noa Veloso, Fernándo Álvarez, Gerardo Estévez, Víctor Vera, Guillermo de Luis, Juan Carlos Vez e Pablo Iglesias Vázquez.
 
Máis información e inscricións na web do IESIDE.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Tom van der Heydn /linkedin

Tom van der Heydn /youtube

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.