Aquae Talent Hub convoca a emprendedores, makers e innovadores na USC

O evento é gratuíto e ofrecerá un obradoiro participativo, un debate e unha master class con dous relatores de recoñecido prestixio internacional. A especialista invitada a Santiago será Cecilia Tham, fundadora de “Makers of Barcelona (MOB)” e referente da economía colaborativa.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 19/04/2017

Santiago de Compostela será a nova sede do Aquae Talent Hub logo de colgar o cartel de aforo completo nas edicións de Elche (Alicante), Murcia e Málaga. Agora, con novos relatores e contidos, a Universidade de Santiago acolle esta nova edición.
 
Relatores en torno a unha audiencia conectada 
Ademais de Cecilia Tham, recoñecida activista da innovación, conducirá o Aquae Talent Hub na USC, Irene Lapuente, fundadora da empresa “La Mandarina de Newton” dedicada ao fomento da Creatividade.  Ambas serán o fío conductor que implicará á audiencia desde o primeiro momento nun evento cen por cento participativo e activo.
 
Tras o obradoiro impartido por Irene Lapuente, chegará o turno de Ceclia Tham. Nada en Hong Kong pero residente en Barcelona desde fai 15 años, Tham é fundadora de “Makers of Barcelona”, un dos maiores centros de coworking do país, desde o que impulsou outras iniciativas como o “FabCafe” e falará aos asistentes nun formato aberto no que o protagonismo recaerá en todos os que asistan á cita, animándolles a convertirse en “Makers” como ela.
 
Asistencia gratuíta pero limitada 
Aquae Talent Hub é posible grazas á colaboración de empresas como Viaqua, institucións como a USC e a Fundación Aquae, quen ofrece esta oportunidade de formación continuada e apoio aos emprendedores e innovadores de forma gratuíta en todas as súas convocatorias. O formato do evento, con obradoiros participativos e espazos para el networking e intercambio de ideas, fai necesario reducir o aforo e asistencia á cita, polo que os organizadores insisten na importancia de reservar as prazas en AquaeTalentHub.com coa maior antelación posible. Nas anteriores convocatorias, o aforo completouse días antes do evento. 
 
Os organizadores explican que o primeiro obxectivo é crear unha comunidade cos participantes que asistan aos encontros, pero tamén congregar a todas as persoas que apostan polo talento e a innovación, con interese por cambiar as cousas. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Cecilia Tham/ TEDxESADE youtube

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.