Búscanse emprendedores socionitarios en Galicia

Ao redor dun centenar de representantes de empresas e entidades públicas e privadas de Galicia asistiron onte a presentación da aceleradora galega Senda Startup, especializada no desenvolvemento de proxectos de innovación sociosanitarios e promovida polas empresas tecnolóxicas Autronic, Sivsa, Coremain e Inova Labs.

Por GC Emprende | Vigo | 20/05/2017

Na súa primeira convocatoria, Senda Startup apoiará a un máximo de cinco empresas emerxentes, que deberán centrar a súa actividade na área da saúde, o benestar, a asistencia ou o envellecemento activo, e estar en disposición de saír ao mercado nun prazo de seis meses, tras o seu paso polo programa de aceleración.
 
Así o explicou Alberto Casal, xerente de Senda, no salón de actos da Zona Franca de Vigo, onde tivo lugar a presentación e onde a aceleradora terá a súa sede e o espazo de coworking desde o que traballarán as empresas seleccionadas. 
 
As startups interesadas en formar parte de Senda poderán presentar a súa candidatura ata o vindeiro mércores 31 de maio, data na que finaliza o prazo de inscrición, cumprimentando o formulario habilitado na www.sendastartup.com, onde tamén atoparán información sobre as bases e requisitos para formar parte da aceleradora. 
 
Mentorización e financiamento personalizado
 
 O programa constará dunha duración de seis meses, no que as startups recibirán formación e asesoramento personalizado, adaptado ao seu grao de maduración e procedencia non hai limitación en canto ao país de orixe dos proxectos-. Así, dispoñerán de apoio técnico, comercial e financeiro de acordo ás súas necesidades e terán acceso á participación en eventos de referencia no sector e á rede de contactos da aceleradora. 
 
Selección de proxectos e calendario
 
Os proxectos deberán achegar innovacións no ámbito da saúde, a asistencia, o envellecemento activo e o benestar, de tal maneira que contribúan a optimizar os procesos, mellorar a prevención e a seguridade ou impulsar a consecución dunha atención médica máis personalizada a través da tecnoloxía.
 
O proceso de selección levará a cabo entre os próximos 1 e 30 de xuño, e a aceleración entre o 1 de xullo e o 31 de decembro. A partir desta data, prevese que os proxectos, xa maduros, inicien a fase de despegamento, na que Senda contribuirá identificando a posibles investidores e apoiando a súa consolidación no mercado.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Presentación de Senda Start Up

Presentación de Senda Start Up

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.