Formación gratuíta para desempregados en Lugo

O concello amosará como realizar un currículo, buscar emprego a través das redes sociais e do portal europeo Rede Eures e superar con éxito as probas de selección de postos de traballo, sobre todo, as entrevistas.

Por GC Emprende | Lugo | 23/05/2017

O Concello de Lugo organizou para o mes de xuño cinco novas xornadas gratuítas de formación e prácticas co fin de facilitar aos desempregados e desempregadas lucenses a busca dun posto de traballo.

Os obradoiros para a busca de emprego e as datas nas que se impartirán son os seguintes:
- Como realizar un currículo atractivo. Día 12 de xuño.
- Marca persoal e busca de emprego a través das redes sociais. Día 13.
- Probas para a selección de postos de traballo. Día 14.
- A Rede Eures. O portal de busca de emprego de Europa. Día 15.
- Como realizar con éxito unha entrevista de traballo. Día 16.

O horario no que se impartirán é de 10:00 a 13:00 horas. As prazas son limitadas, polo que os interesados deberán anotarse canto antes. O prazo de inscrición está aberto dende mañá e ata o 7 de xuño. Para apuntarse é preciso enviar cuberta unha ficha de solicitude –que se pode descargar na web do Concello (www.lugo.gal)- a espazolab@concellodelugo.org ou ben entregala nas propias instalacións do Espazo Lab, o Centro de Formación e Orientación Laboral do Concello de Lugo. Máis información, nos números de teléfono 982.297.361 ou 982.297.473, ou ben no 010.

Esta nova iniciativa, que impulsa a Concellaría de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, no marco da VI Semana Europea do Emprego, responde ao compromiso do Goberno local coas políticas de inserción laboral e creación de emprego. "Sabemos que é un grave problema para miles de lucenses que queren traballar e non poden, polo que, dentro das nosas posibilidades, impulsamos iniciativas que abran novas portas á inserción, ben a través da formación, como é o caso destes obradoiros, ou ben con plans de emprego ou con programas para fomentar o emprendemento como os que temos en marcha a día de hoxe”, subliñou Prieto.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Realización de cursos de formación / Comisión Europea

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.