Os teléfonos móbiles xa funcionan como caixeiros

Os clientes do banco poden a partir de agora realizar operacións con ABANCA Cash a través do asistente de voz Siri de Apple.

Por GC Emprende | A Coruña | 14/06/2017

Os clientes de ABANCA son os primeiros dunha entidade financeira española en poder realizar, empregando unicamente comandos de voz, operacións de envío de diñeiro en efectivo desde un teléfono móbil para a súa retirada polo destinatario nun caixeiro automático. ABANCA Cash, o servizo de ABANCA que permite este tipo de envíos de diñeiro, incorpora desde este momento a opción de operar a través de comandos de voz co asistente Siri de Apple, presente nos dispositivos iPhone.
 
O banco engadiu á súa app de banca móbil unha nova opción exclusiva de Siri a través da cal os usuarios poderán activar ou desactivar esta posibilidade e configurar os datos necesarios para realizar operacións. Esta innovación reforza a funcionalidade da app de banca móbil de ABANCA, unha das mellor valoradas polos usuarios na App Store (tamén en Google Play). Segundo apunta a entidade financieira nun comunicado, cada mes os seus usuarios da banca móbil realizan máis de 17.000 envíos de diñeiro mediante ABANCA Cash.
 
O uso de Siri fai máis sinxela a realización de operacións de envío de efectivo desde móbil co servizo ABANCA Cash. Para iniciar unha operación basta con dicir o xa coñecido “Oe, Siri”, que permite activar o asistente coa voz, e logo unha frase do estilo “Envía 20 euros a María”. A continuación Siri solicita ao cliente que especifique o concepto do envío de efectivo. 
 
Nos dispositivos iPhone 5s ou superior o remitente confirmará a operación utilizando a súa pegada dixital. Tras eses pasos Siri realizará a operación utilizando a banca móbil de ABANCA. O destinatario recibirá a través de mensaxe sms a información necesaria para retirar o diñeiro nun caixeiro.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Abanca lanza unha aplicación para operacións de empresas

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.