Seminarios sobre exportacións e fiscalidade

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) organiza no seu Campus da Coruña (rolda de Nelle, 31) dous seminarios enmarcados na oferta dos Business Program Days, os seminarios «Export price calculation» e «Fiscalidade dos investimentos e planificación fiscal».

Por GC Emprende | A Coruña | 16/06/2017

O primeiro será impartido por Begoña Albizu Soriano enteiramente en inglés mañá venres 16 de xuño de 16.30 a 21.45 h e o sábado 17 de 9.00 a 14.15 h; o segundo correrá a cargo de José Antonio Gil del Campo e desenvolverase mañá venres 16 de xuño de 16.30 a 21.45 h e o sábado 17 entre as 09.00 e as 14.15 h. Máis información e inscricións aquí
 
SEMINARIO EXPORT PRICE CALCULATION
Se o prezo é importante no mercado interno, a súa relevancia é crucial no contexto internacional. Neste seminario abordaranse os elementos que integran o prezo: custo + custo de exportación + marxes de distribución + marxes de contribución. Aprenderase a valorar o impacto destes elementos e dos INCOTERMS nas decisións de prezo, á vez que se practicarán técnicas relacionadas coa manufactura, o mercado obxectivo ou o cálculo inverso.
 
SEMINARIO FISCALIDADE DOS INVESTIMENTOS E PLANIFICACIÓN FISCAL
Os asistentes coñecerán as ferramentas dispoñibles para realizar unha correcta planificación fiscal e unha planificación operativa. Así, abordarase a problemática relativa á imposición directa ás persoas físicas (IRPF, Patrimonio, Sucesións e Doazóns, Renda de Non Residentes), a fiscalidade dos produtos financeiros e a planificación fiscal patrimonial e empresarial. Deste xeito abordaranse os réximes fiscais especiais e as operacións protexidas, ademais de analizar as operacións corporate máis habituais.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Sede de IESIDE

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.