Abanca Innova by Conector selecciona catro startups para a súa primeira edición

Livetonic, OpSeeker, Tickele e TrocoBuy beneficiaranse das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terán acceso á rede de networking de Conector e recibirán de formación en distintas áreas.

Por GC Emprende | A Coruña | 23/06/2017

O programa de aceleración 'Abanca Innova by Conector' arrincou coa participación de catro proxectos vinculados aos servizos financeiros.
 
Máis de 30 emprendedores galegos presentaron o seu proxecto para a fase de selección do programa de aceleración. Deles, 21 superaron o primeiro filtro e 13 presentaron o seu proxecto no 'Startup Day', un evento privado onde os mentores do programa de aceleración votaron para elixir os que entrarían no programa.
 
Finalmente, estas son o catro 'startups' seleccionadas para participar na primeira edición do programa de aceleración de Abanca: Livetonic, OpSeeker, Tickele e TrocoBuy.
 
Os catro proxectos xa empezaron o programa de aceleración, que durará cinco meses. Baixo o asesoramento diario do director de Conector Galicia, Lalo García, e co soporte corporativo de Abanca, os emprendedores beneficiaranse das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terán acceso á rede de networking de Conector e recibirán de formación en distintas áreas.
 
20.000 euros
 
Ademais, as startups aceleradas obterán ata 20.000 euros a través dun préstamo participativo grazas a Abanca, segundo destaca a entidade, e dispoñen dun espazo de traballo gratuíto nas instalacións de Abanca Innova.
 
Cada startup conta co seu propio equipo de mentores, un grupo de conselleiros formado por mentores de Conector e directivos de Abanca que acompañarán aos emprendedores durante todo o programa de aceleración.
 
Entre os novos mentores galegos figuran José Manuel Valiño, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de Abanca; Eduardo Aldao, director de Innovación de Abanca; Javier Carral, director de Participadas de Abanca; Luís Del Pozo, ex CMO de Jazztel; Rubén Ferreiro, CEO de Grupo Viko e Pedro González, director xeral de Zelnova, entre outros.
 
Para concluír o programa de aceleración de Abanca Innova by Conector celebrarase a 'Demo Day', un foro de investimento privado coa presenza dos emprendedores "máis importantes do país", segundo resalta o banco.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Abanca Innova by Conector

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.