Os parques tecnolóxicos de España reúnense en Ourense

Segundo os datos presentados na asemblea, os 66 parques membros da APTE suman un total de 7.778 empresas e xeran un total de 161.343 empregos, dos que 30.269 se corresponden con profesionais especializados en tarefas de investigación e desenvolvemento (I+D).

Por GC Emprende | Ourense | 06/07/2017

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN)  e conselleira delegada de Tecnópole, Patricia Argerey, deu a benvida esta mañá aos asistentes á asemblea xeral da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) , que se celebrou esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), coincidindo coa conmemoración do seu 25 aniversario.
 
Patricia Argerey agradeceu o acompañamento de APTE neste cuarto de século, no que Tecnópole acolleu dúas conferencias internacionais de parques e no que a asociación contribuiu á evolución e crecemento do Parque Tecnolóxico de Galicia, que actualmente acolle preto de 300 empresas e centros de coñecemento.
 
Entre os 48 socios que conforman actualmente APTE figuran dous galegos: Tecnópole e o Parque Tecnolóxico de Vigo, que, segundo Argerey, son exemplo de concentración do talento innovador de Galicia. Destacou tamén que as entidades que forman parte de ambos parques son un foco de emprendemento innovador; de coñecemento listo para ser transferido dende os centros tecnolóxicos e de investigación; e de pemes capaces de gañarse un posicionamento competitivo no mercado internacional a través da innovación.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Representantes de parques tecnolóxicos de toda España celebran a súa asemblea xeral na Tecnópole

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.