Conector Galicia arrinca con cinco startups

Os seleccionados terán servizos profesionais valorados en 10.000 euros e charlas de formación da man de mentores expertos e especialistas en diferentes áreas da xestión e a innovación.

Por GC Emprende | A Coruña | 19/07/2017

Conector Galicia, aceleradora de empresas que forma parte da rede de aceleradoras que existe en Galicia, arrinca con cinco startups. O programa, especializado en proxectos tecnolóxicos e de internet, inicia así a súa primeira convocatoria tras seleccionar os participantes entre as máis de 30 candidaturas presentadas ao concurso.
 
O cinco elixidos para este Conector Galicia son os seguintes: Aensis, plataforma de sistemas de ciberseguridade; O Sal Style, unha startup de moda, con coleccións casual street en edicións limitadas; Mireiq, un estudo experimental de bolsos con pezas intercambiables; Siccae Ventures, tamén do sector retail, con idea de captar tendencias e crear marcas para lanzar ao mundo en liña; e Wannacheck, un servizo que garante a seguridade nas transaccións que fan os usuarios ao comprar e vender automóbiles.
 
Esta iniciativa ten unha duración de cinco meses e finaliza coa celebración da Demo Day, un foro de investimento ao que acudirán investidores e business angels moi importantes a nivel español para coñecer os proxectos que forman parte desta edición inaugural. Durante este tempo, os participantes van contar cunha serie de axudas e incentivos realmente valiosos.
 
Soporte e asesoramento
 
Para empezar está o poder acceder a soporte e asesoramento diario, terán servizos profesionais valorados en 10.000 euros e charlas de formación da man de mentores expertos e especialistas en diferentes áreas da xestión e a innovación. Poden gozar de oficinas gratuítas, ter visibilidade no ecosistema emprendedor español e acceder á rede de investidores e networking.
 
Cada unha destas startups formará a súa board de mentores, un consello de expertos que lles acompañará durante todo o programa e asesoraralles na súa estratexia de crecemento e vendas, mediante reunións periódicas one-to-one e grupales. Algúns dos mentores que van participar nesta convocatoria son David Alayón, Head of Innovation Projects en Inditex; Luís do Pozo, CMO en Jazztel; Rubén Ferreiro, CEO en Grupo Viko; Carlos Branco, Managing Partner en Encomenda VC; e Eduardo Aldao, Director de Innovación en Abanca; entre outros.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Emprendedores que estrearon a incubadora de empresas da Universidade de Vigo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.