Os emprendedores de ViaGalicia presentan os seus proxectos

Ata o próximo 29 de setembro, ViaGalicia mantén aberta a convocatoria da súa quinta edición, cuxas inscricións poden realizarse a través da páxina web viagalicia.gal.

Por GC Emprende | Vigo | 11/08/2017

Teresa Pedrosa, delegada do Estado no Consorcio de Zona Franca de Vigo, e Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), visitaron hoxe aos emprendedores de ViaGalicia para coñecer de preto e en primeira persoa o estado e os progresos de Idawen, Resetea, Dika, Help Flash e Calabizo, proxectos que se impulsaron baixo o paraugas do programa de aceleración. 
 
Con este obxectivo, Pedrosa e Argerey realizaron encontros cos diferentes emprendedores para realizar de primeira man o seguimento dos proxectos acelerados e coñecer, deste xeito, como se está desenvolvendo a súa actividade produtiva e as novas liñas de negocio que están a abordar. 
 
Os impulsores destas 5 iniciativas traballan xa, desde os últimos meses, nos viveiros industriais de Porto do Molle, que dispoñen dunha superficie de máis de 1.800 metros cadrados útiles e que poderán utilizar, do mesmo xeito que outras iniciativas emprendedoras, para o desenvolvemento das súas actividades durante os catro primeiros anos, desde a posta en marcha das startups. 
 
Estes espazos, ocupados xa na súa totalidade, forman parte do Proxecto Viveiros de Empresa, cofinanciado con Fondos FEDER a través dun convenio de colaboración entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Fundación Incyde e a Cámara de Comercio de Vigo, para a incubación de empresas con actividades de carácter industrial, produtivas ou de laboratorio.    
 
Sobre os proxectos 
 
Dedicada ao deseño e fabricación de moda deportiva, Idawen destaca por utilizar a tecnoloxía máis avanzada en impresión dixital nas súas coleccións, caracterizadas pola calidade dos seus tecidos e a funcionalidade dos deseños. Desde as instalacións de Porto do Molle, produce actualmente a súa liña de bolsería deportiva. 
 
Resetea céntrase na creación e comercialización de produtos sustentables, obtidos da reutilización e a reciclaxe de residuos, como kits de autocultivo de cogomelos ou plantas aromáticas como cervexa artesanal de boletus edulis. A orixinalidade e o compromiso social dos deseños é unha das súas principais notas distintivas. 
 
O proxecto Dika propón unha solución para reducir as emisións de fumes contaminantes, baixar os consumos e recuperar así a potencia dos vehículos, dirixida aos talleres automobilísticos. Trátase do equipo descarbonizador de motores Cleaner Carbon GT, desenvolvido por Hinvengrup -empresa dedicada ao deseño e fabricación de equipos comerciais e industriais relacionados co sector do hidróxeno-, a través da súa marca rexistrada Dika Motorlife.  
 
Help Flash é un dispositivo luminoso ideado por Netun Solutions, que permite sinalizar un vehículo detido na calzada sen ter que saír do mesmo. O seu principal obxectivo é resolver a sinistralidade asociada ás paradas por avaría ou emerxencia, especialmente de noite e en condicións de visibilidade reducida. 
 
Calabizo é unha empresa dedicada á fabricación artesanal do chourizo de cabaza, un particular produto gastronómico 100% vexetal, aposta por manter unha alimentación máis sa e respectuosa coa contorna. 
 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Un dos emprendedores de Via Galicia

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.