Novos cursos na principal escola de negocios galega

O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) inicia o próximo 1 de setembro, co comezo dunha nova edición do Grao en Administración de Empresas-BBA, un novo curso académico no que celebra os trinta anos de historia da antiga Escola de Negocios Afundación, período no que se formaron máis de 61.000 estudantes.

Por GC Emprende | Vigo | 16/08/2017

IESIDE explica nun comunicado que renova a súa oferta programática, a través dun modelo académico diferencial, adaptable, innovador e baseado na excelencia. Así, os programas que se ofertarán durante este curso académico 2017-2018 están centrados nas áreas de márketing, dirección económico-financeira, xestión comercial, negocios internacionais ou xestión integrada da empresa, entre outras.  
 
OS PROGRAMAS
Tras a sinatura dun acordo con ESIC Business & Marketing School, que leva máis de 50 anos liderando a formación en marketing en España, IESIDE impartirá a partir do mes de outubro dous novos programas, o Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial (GESCO), dirixido a quen quere asumir funcións directivas no ámbito do márketing, a organización e xestión de equipos comerciais, e o Mestrado en Márketing Dixital, que permite adquirir os coñecementos e ferramentas máis avanzados en marketing, comunicación, publicidade e venda en liña. 
 
En outubro comezarán tamén o Mestrado en Dirección Económico-Financeira, deseñado para obter os coñecementos e ferramentas de xestión e dirección financeira para unha toma de decisións máis eficaz e competitiva nas empresas; o Master in International Business, único bilingüe neste ámbito en Galicia, que proporciona as habilidades fundamentais para ocupar postos de responsabilidade internacional en todo tipo de sectores, e o Mestrado SAP en Xestión Integrada da Empresa, nas súas especialidades de Finanzas e capital humano, deseñado para obter a certificación SAP e desenvolvido con Tecnocom e SAP.
 
IESIDE, centro adscrito á Universidade de Vigo, imparte ademais, dúas titulacións oficiais, o Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE-BBA), o primeiro con dobre titulación internacional de Galicia, que iniciará as súas clases o próximo 1 de setembro, e o MBA, que suma máis de 50 edicións, e que comeza en setembro e outubro dous novos programas nas súas versións part time e full time.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



IESIDE

Sede de IESIDE

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.