O turismo para ver paxaros, un nicho de negocio no que Galicia tenta introducirse

Hai operadores británicos que ofrecen viaxes ao país e información institucional abondo, pero non empresas especializadas do país. Con todo, Galicia está presente na maior feira do sector do "birding".

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 19/08/2017

A feira Birdfair que se celebra en Rutland, no Reino Unido, é a máis importante no mundo entre as especializadas no turismo de natureza. Só por segundo ano hai presencia de Galicia através dun expositor de Turismo.
 
Galica Birding
O público especializado que percorre os diferentes stands, e que mostra un alto interese por este tipo de recursos, pode así coñecer o potencial de Galicia neste eido do ecoturismo. Entre outras iniciativas, promóvese o Galicia Birding, o programa da Xunta que recolle os preto de 50 espazos de alto interese ornitolóxico identificados e repartidos polas catro provincias. 
 
Segundo explica a Xunta, a Comunidade galega alberga multitude de espazos naturais protexidos con máis de 200 especies, das que os visitantes pódense informar no módulo de Turismo de Galicia no stand de Turespaña, no Recinto Feiral de Rutland Water Nature Reserve, en Egleton-Rutland. A cita está organizada pola Leicestershire&Rutland Wildlife en colaboración coa Royal Society for the Protection of Birds e está aberta a profesionais e público en xeral durante tres días.
 
Tras os froitos obtidos na edición do ano pasado, Galicia volve apostar por este evento líder internacional para por en valor o seu patrimonio natural, que é a principal motivación pola que os turistas elixen visitarnos. Neste sentido, creáronse nos últimos tempos iniciativas e produtos ao redor da rede de parques naturais, ademais do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que é un dos destinos startlights xunto a Trevinca, ambos certificados polas súas boas condicións para a observación nocturna do ceo. A isto engádense produtos como os bosques e sendas de Galicia, Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e a oferta deportiva, que ten no medio natural un dos escenarios privilexiados na Comunidade. 
 
Diversificación e desestacionalización
Este tipo de turismo ornitolóxico e de natureza permitiría a Galicia diversificar e especializar a súa oferta, o que contribúe así mesmo á desestacionalización da demanda. De feito, é un dos retos recollidos na Estratexia de turismo de Galicia 2020, a folla de ruta coa que a Xunta e o sector planifican o desenvolvemento turístico para os próximos anos. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Expositor da Xunta na maior feira do mundo de ecoturismo de páxaros, a Birdfair

Píllara das dunas voando / Axena

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.