Alerta pola falta de auga nalgúns dos máis de 6.000 puntos de carga contra os lumes

A conselleira de Medio Rural recoñcer que existen "problemas" pola seca nalgúns puntos do operativo contra os incendios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2017

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, informou de que existen "certos problemas" cos máis de 6.000 puntos de carga do operativo contra o lume en Galicia, porque "parte deles xa non dispoñen de auga".

Na súa visita a Xinzo (Ourense), Ángeles Vázquez indicou que a problemática da seca dificulta o labor do operativo de extinción, xa que supón que hai que ter "un control exahustivo" nos depósitos, porque "non se poden deixar os puntos sen auga".

Nesta liña, remarcou que leva "moito tempo sen chover", con temperaturas altas e humidade baixa. Por iso, pide a colaboración de cidadáns e concellos para a prevención.

Sobre o balance dos lumes, explicou que ningún incendio se atopaba activo na mañá deste venres en Galicia, nunha xornada que se inicia "con tranquilidade".

Respecto diso, indicou que tras unha "onda" de tres días de incendios entre luns e mércores, o xoves mellorou a situación e espera que haxa maior "estabilidade" estes días.

Así, sostivo que "os galegos non poden estar condicionados durante o verán polos incendiarios", polo que espera que as liñas de investigación abertas dean resultado.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Incendio forestal

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.