Outras 1.240 hectáreas arrasadas polo lume

Cinco incendios nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense quedaron controlados, mentres outros tres na demarcación ourensá foron extinguidos. A Rede Natura, afectada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2017

Un total de cinco incendios rexistrados nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense, que afectan a case 800 hectáreas en total, quedaron controlados nas últimas horas; mentres outros tres lumes que arrasaron unhas 440 hectáreas na demarcación ourensá foron extinguidos. Son datos facilitados pola Consellería de Medio Rural.

Os incendios controlados localízanse en Agolada (Pontevedra), Folgoso do Courel e Cervantes (Lugo) e Chandrexa de Queixa e Castro Caldelas (Ourense).

O que, polo momento, provocou maiores danos, localízase en Chandrexa de Queixa, onde as lapas calcinaron desde o pasado martes unhas 370 hectáreas de terreo situado, en gran parte, en Rede Natura.

A continuación, o de Castro Caldelas queimou unhas 265 hectáreas tamén desde o martes; mentres o de Cervantes afectou a máis de 100 no últimos tres días. En Folgoso, a superficie queimada é de 35 hectáreas, por 21 en Agolada.

En canto aos lumes que xa están extinguidos, destaca o de Monterrei, que queimou unhas 385 hectáreas desde o pasado martes; mentres que os de Vilardevós e Laza, iniciados ambos o venres, afectaron a 33,6 e 23,8 hectáreas, respectivamente.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Incendio en Chandrexa de Queixa / Brigada de Marroxo (@BMarroxo).

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.