Primeira vila que queda sen auga potable polos incendios

Un bando urxente informa que a auga da billa non se pode consumir en Verín. A vila sufriu este verán un gran e polémico lume que queimou máis de 1.360 hectáreas e as cinsas están contaminando a auga.

Por Galicia Confidencial | Verín | 28/08/2017

O Concello de Verín publicou esta mañá un bando urxente no que alerta aos veciños que a auga da traída xa non é potable. “Como consecuencia das fortes choivas, a seca e o actual estado do terreo derivado dos últimos incendios, a auga de abastecemento non é apta para o consumo humano”, especifica o alcalde Gerardo Seoane (PSOE).

Cómpre lembrar que a comezos de agosto Verín sufriu un dos maiores lumes deste verán, que chegou a cortar a autovía á Meseta e queimou máis de 1.360 hectáreas. O alcalde da localidade culpou a Xunta dunha lenta resposta que facilitou a extensión das lapas.

Ademais, o suroeste de Ourense está a sufrir unha importante seca, como o resto do país pero máis grave, un dos factores que explican os incendios nesta zona. Por exemplo, hai escasos días o veciño concello de Vilardevós tivo que encher os seus depósitos con auga de cisterna procedente dun camión, precisamente, de Verín.

A seca foi interrompida estes días por importantes tormentas, sobre todo o domingo pola tarde, que arrastraron as cinsas dos incendios a un lugar, Queiruga,preto do río Támega, onde se capta a auga para a traída.

O resultado é que “o persoal técnico responsable atópase buscando unha alternativa para recuperar o correcto funcionamento do sistema de abastecemento”. Verín é unha numerosas vilas que ve como a súa poboación se dispara durante o mes de agosto, ao retornar moitos emigrantes a casa a pasar as vacacións. O seu censo oficial anda polas 14.000 persoas, pero na actualidade poden haber na vila e aldeas da periferia máis de 20.000, que quedan sen auga até novas noticias.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Leike

Pois que vaia Feijoo coa súa "manguerita" levarlles auga aos habitantes de Verín!


Gerardo Crespo, alcalde de Verín

Incendio en Verín / @UGTForestaisGZ

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.