Escritores mediterráneos e atlánticos danse cita na fin do mundo

O I encontro literario Internacional abordará a relación literaria entre o Mediterráneo e o Atlántico. Terá lugar en Fisterra o 15,16 e 17 de setembro.

Por Galicia Confidencial | Fisterra | 08/09/2017

Escritores de culturas ben diferentes daranse cita en Fisterra no I encontro literario internacional a abordará a relación “Atlántico e Mediterráneo: Mares de Palabras”. O evento está organizado polo concello xunto co grupo editorial Sial Pigmalión, a asociación cultural Concilyarte e o centro galego de Valencia.
 
O encontro arrinca o venres, día 15 cunha primeira mesa redonda na que se tratará sobre o “Atlántico e Mediterráneo: unidos pola literatura” e logo os participantes subirán ata o faro para desfrutar dun recital poético na terraza de O Semáforo. Sobre as 20:15 horas celebrarase un acto de purificación a cargo de Mila Villanueva e, a continuación, observarase a posta de sol. A primeira xornada rematará cun concerto de canto gregoriano na igrexa de Santa María das Areas.
 
O sábado, día 16 de setembro, o encontro comeza ás 10 horas cunha mesa redonda sobre “Atlántico e Mediterráneo: mares de palabras” que será no salón de actos do concello de Fisterra. Unha hora máis tarde, no mesmo sitio, será a terceira mesa redonda do encontro que tratará sobre “ Literatura, imaxinación e palabra”.  A continuación, os participantes visitarán o Museo de Pesca de Fisterra e o momumento a Camilo José Cela. Xa pola tarde, ás 16 horas, “Muller, mar e literatura” será a temática da cuarta mesa redonda que dará paso a dous recitais poéticos. Ás 19 horas terá lugar a presentación da antoloxía “Costa da Morte: territorio literario” e a continuación haberá un espectáculo de baile tradicional e iberoamericana no porto de Fisterra.
 
O encontro internacional continúa o domingo, 17 de setembro. Entre as 10 e as 11 horas terá lugar no salón de actos do concello a presentación da antoloxía Poemario; unha homenae ao poeta Nikos Kavadias. A continuación, celebrarase a quinta e última mesa redonda que leva por título “Fisterra, final do Camiño de Santiago”. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Edificio do faro de Fisterra adicado a restaurante / QPC

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.