Oportunidade de participar en misións comerciais a Londres, Perú, Colombia e Corea

A Cámara de Comercio de Santiago oferta as PEMES galegas a oportunidade de abrir negocios noutros mercados a través de viaxes organizadas.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 13/09/2017

 A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela está organizando para o último cuatrimestre do ano un total de oito accións, con apoio de fondos FEDER e do Igape en dúas delas. 
 
Realizaranse misións comerciais a Alxeria (de carácter multisectorial do 14-20 de outubro), unha misión do sector da construción a Londres (22-27 de outubro), unha misión comercial multisectorial a Perú e Colombia (4-12 de novembro) e outra misión e exposición de produtos de alimentación en Corea del Sur (21-30 de outubro).
 
Ademais, a Cámara está programando a participación nas feiras TTG de turismo de Rímini (11-15 de outubro), do libro de Fráncfort (10-16 de outubro) e á feira Bioeurope de Berlín do sector biotecnolóxico (4-9 de novembro), e asistir con exposición á feira Expopesca de Lima para empresas dos sectores da pesca e da acuicultura (4-12 de novembro).
 
Estas accións, dirixidas a pequenas e medianas empresas galegas, son fundamentais para iniciarse na exportación ou para axudar a consolidar mercados de exportación. 
 
A inscrición para estas accións aínda está aberta, a través da web da Cámara: ou no departamento de Promoción Internacional no teléfono 981 596800.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago no Polígono Costa Vella

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.