A Xunta saca peito da superficie queimada en Galicia: Un 46% inferior a de 2016

En Marea denuncia que a Consellería de Medio Rural "impide saber" a realidade sobre os lumes forestais en Galicia, xa que só informa os superiores a 20 hectáreas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2017

A superficie queimada en Galicia no que vai de ano é un 46,2% inferior ao mesmo período de 2016, o que supón "9.500 hectáreas menos" que a estas alturas do ano pasado, a pesar de que houbo 487 incendios máis.

Diso informou en resposta a unha interpelación de En Marea en pleno do Parlamento galego a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, aínda que non cifrou a superficie exacta queimada, sinala que é un 27,2% menos que a media da última década. No que vai de verán as hectáreas queimadas son un 72,2% que en 2016.

Tras apuntar que "cada incendio intencionado é un atentado", remarcou a "intencionalidade na maior parte dos lumes que se rexistran", xa que "o monte e o pasto non se suicidan sós".

Respecto diso, lamenta que este verán se viviron as "maiores condicións extremas que houbo desde hai moito tempo", "chegando a superar a maioría dos días os 40 graos". Con todo, valora que "o 80% dos lumes non chegaron a unha hectárea". Así mesmo, referiuse a casos "paradigmáticos" como os de Agolada (Pontevedra), con 48 alertas este verán, e Pantón (Lugo), con 46.

Tamén subliña que se cumpren os tempos de reacción entre os 16 e os 20 minutos, mentres sinala que "non se poden ligar os incendios a unha especie", posto que "en Ourense non hai eucaliptos".

POSTURA DE EN MAREA

Pola súa banda, Davide Rodríguez (En Marea) critica que a Consellería de Medio Rural "impide saber" a realidade sobre os lumes forestais en Galicia, xa que só informa os superiores a 20 hectáreas, polo que estima que entre xullo e agosto arderon sobre 4.000 hectáreas, aínda que é "imposible situar no mapa todos os incendios".

Así mesmo, o deputado de En Marea censura que o "dispositivo segue fallando", cun "curta e pega" do Pladiga, que foi presentado "a escaso días" do inicio do período de alto risco.

Aquí, centrouse en cuestións como "a falta de medios humanos" no servizo de prevención e defensa, así como que hai vehículos que non cumpren características técnicas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Un dos numerosos incendios forestais que afectaron Galicia / EP

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.