Como facer internacional unha empresa familiar?

Este é o tema da clase maestra a cargo do conselleiro estratéxico Esteban Farrero en IESIDE. Terá lugar o vindeiro luns 18 de setembro de 19.00 a 21.00 h

Por GC Emprende | Vigo | 15/09/2017

IESIDE presenta a master class «MIB: Leccións de internacionalización para a empresa familiar» a cargo de Esteban Farrero, membro de cinco consellos de empresas familiares, incluída na programación do Master in International Business da devandita entidade educativa. O evento terá lugar o vindeiro luns 18 de setembro ás 19.00 h no Campus de Vigo (avenida de Madrid, 60).
 
Farrero explicará no seu relatorio como funcionan os procesos de internacionalización e cales son as estratexias que poden conducir ao éxito no exterior, centrándose no caso das empresas familiares. A globalización aumentou a necesidade das empresas de buscar novos mercados no exterior, un fenómeno que afecta por igual a organizacións de todos os tamaños e sectores. No caso da empresa familiar, a internacionalización adoita percibirse como unha aventura complicada e chea de riscos e incertezas. Trátase dunha das estratexias máis complexas polas que unha compañía pode apostar.
 
Esteban Farrero posúe unha traxectoria profesional de máis de trinta e tres anos de experiencia en Fast moving consumer goods, ou produtos de gran consumo, en dúas empresas con culturas moi diferentes: a alemá Henkel e o grupo americano Sara Lee. Actualmente é membro de cinco consellos de empresas familiares, con facturacións de entre 80 e 700 millóns de euros, nos que axuda a deseñar e implantar plans estratéxicos.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Esteban Farrero

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.