Policías de Galicia mobilizados a Cataluña contra o referendo

As detencións de cargos de Generalitat provocaron que o debate político no país suba de ton, cando menos por parte de En Marea e BNG; mentres o PP tenta quitarlle ferro ao sucedido e o PSOE pide proporcionalidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2017

O presidente da Xunta argumentou hoxe que “todos os altos cargos sexan de Cataluña, País Vasco,  Andalucía, Galicia ou Madrid estamos sometidos á lei e polo tanto fariamos un mal servizo se utilizamos decisións xudiciais para mobilizar aos cidadáns". Alberto Nuñez Feijóo animou a “respectar o estado dereito” e sobre os responsábeis do Goberno de Cataluña detidos remarcou que cómpre respectar a súa “presunción de inocencia”.
 
Tamén dende o PP e con responsabilidades executivas falou o Delegado do Goberno en Galicia. Santiago Villanueva Álvarez abriu a porta a que policías e gardas civís destinados do país marchen a Cataluña a colaborar na resposta do Estado á convocatoria do referendo de independencia. Para o político conservador isto é algo normal, pode suceder como as veces sucede que se mandan policías nacionais a fronteira de Ceuta, “en función do que se acorde en cada intre por parte do Ministerio do Interior”. De feito, o Goberno central xa mobilizou arredor de 200 efectivos da Policía e da Guardia Civil con base en Galicia cara a Cataluña.
 
A resposta dende En Marea é, lóxicamente, diferente. O voceiro Luís Villares argumentou hoxe que "os conflitos políticos nunca se resolveron con detencións, senón con diálogo". Antón Sanchez estivo onte na mobilización da Coruña a prol da consulta. Hoxe o deputado e membro de ANOVA pediu o contrario que Feijóo, máis protestas na rúa. “Facemos un cahmamento para que aquí no noso país en Galiza haxa estas mobilizacións pacificas e cívicas porque isto vai moito máis alá da cuestión catalá; é unha loita pola democracia e contra o retorno ao franquismo, cando reunirse e votar era delito”, razonou.
 
A medio camiño segue o PSdeG. O seu voceiro parlamentar por unha banda dixo que “temos que apoiar ao goberno en defensa do orde da Constitución Española” e admitiu que o Executivo “ten que impedir que o referendo se produza”; pero por outra parte Leiceaga tamén lle reclamou ao PP  “proporcionalidade” na resposta do Estado. 
 
Dura resposta da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que cualificou de "aberración democrática" o operativo da Garda Civil que se centra no núcleo duro de coordinación do referendo do 1 de outubro e que supuxo varias detencións, polo que advertiu de que o PP "está a pasar todas as liñas vermellas". Desde Xenebra (Suíza), onde o BNG presenta este mércores unha denuncia ante o Alto Comisionado de Dereitos Humanos da ONU pola "impunidade" coa que actúan no Estado español entidades como a Fundación Franco, Ana Pontón dixo que as detencións de altos cargos da Generalitat prodúcense "única e exclusivamente porque queren que a xente vote".
 
Por último indicar que a Plataforma Galiza con Cataluña convocou unha manifestación para o día 30. Paulo Carril da CIG dixo que hai dous días xa a comunicaron á Delegación do Goberno  que “fará o que crea oportuno pero terá que aterse a vontade” dos que acudan. Esa plataforma xunta sobre todo a colectivos da esquerda nacionalista. Nela participan, entre outros, ANOVA, BNG, Causa Galiza, FPG, SLG e Galiza Nova. 

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

22 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 10

    papuxa

    Game over hispanistán.


    9

    Anti..

    Asereje que vamos!!! O único partido imputado ou investigado coma organización criminal é o teu, os herdeiros dos golpistas están no teu partido, o último que incumpriu a constitución outorgada do 78 foron os teus ca amnistia fiscal ao cal o máximo tribunal ou verdadeiro supremo dixo que era inconstitucional. E non camiñes trala mariana non vaias esvarar no aceite.


    8

    Nexus 6

    Los que han violentado la Ley, quienes han pisoteado a la oposición, despreciando así los derechos de millones de ciudadanos, quienes han quebrado las reglas de la convivencia democrática en una parte de España, son los que se presentan como víctimas de un estado al que, en las actuales circunstancias, no le queda otra que defender la Constitución.

    1 resposta
    1

    Por Cara al Sol: Nexus eres un meapilas, una vergüenza para los auténticos españoles de raza. Los defensores de Franco y de la dictadura franquista, sabemos​ que la actual democracia es heredera del régimen franquista. Léete a Pío Moa y deja la novela rosa. La Constitución del 78 es una deformidad, un desatino la entrega de la legitima democrática a una izquierda y unos separatistas que nunca llegaron a la evolución democratizante del régimen de Franco. Para ser un auténtico español te falta hombría y te sobra plumero.


    7

    Gilo

    Cheira a m no orto dos golpistas cataláns e os lambecús locais... Duro con eles

    1 resposta
    1

    Por Fiuncho: Qué Gilo xa andas a preparar as cunetas, para facer o que facían mellor os falanxistas durante a represión franquista... violar e asasinar.


    6

    Freixo

    Na India, as tropas coloniais que ajudavam ao poder imperialista na sua opressom tinham um nome: zipaios.

    1 resposta
    1

    Por Zasca: i en Mozambique tamén había zipaios dos portugueses, como aqui os lusistas.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Manifestación de apoio ao referendo de Cataluña na Coruña, que foi vixiada por dúas furgonetas de antidisturbios / M. V.

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.