As cicatrices dos incendios en Portugal e Galicia, vistas dende o espazo

A Axencia Espacial Europea publica dúas imaxes tomadas polo satélite Copernicus Sentinel-3A antes e despois dos grandes lumes que mostran enormes áreas ennegrecidas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/09/2017

Os incendios que asolaron Portugal este verán deixaron profundas cicatrices negras na paisaxe que tamén son visibles dende o espazo. A ESA (a Axencia Espacial Europea) publicou este mes unha imaxe de satélite co antes e o depois dos lumes. Nesas capturas tamén se aprecian os estragos nas provincias de Ourense e León.

No caso de Portugal, onde os lumes foron especialmente virulentos este ano, as cicatrices negras cobren máis de 2.000 quilómetros cadrados de territorio. De feito, a área queimada foi cinco veces maior que a media dos últimos dez anos e datos recentes do Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF) de Portugal indican que os lumes florestais consumiron máis de 128.000 hectáreas só en 2017.

As imaxes comparadas foron tomadas polo satélite Copernicus Sentinel-3A os días 7 de maio e 31 de agosto de 2017. A ESA describe así a imaxe, titulada 'Portugal Burn Scars':

"O sur de Europa experimentou unha implacable onda de calor este verán, alimentando incendios forestais en varios países. O satélite Copernicus Sentinel-3A capturou imaxes de Portugal e parte de España antes (7 de maio de 2017) e despois (31 de agosto de 2017) dunha serie de incendios que infestaron estes países. As imaxes mostran as manchas escuras das cicatrices deixadas polos incendios que cobren máis de 2.000 quilómetros cadrados en Portugal. As cicatrices das queimaduras en España tamén son visibles preto da parte superior da imaxe e ao longo da costa sur".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Imaxes tomadas polo satélite Copernicus Sentinel-3A antes e despois dos grandes incendios de 2017 / ESA.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.