A Xunta di que as empresas galegas marchan a Portugal porque “hai menos horas de folga”

O presidente galego confirma a deslocalización de empresas pero asegura que o seu goberno está traballando para contrarrestar a competencia lusa.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/09/2017

Dúas das grandes empresas galegas de transformación de peixe, a Marfrio e a Atunlo, decidiron deixar as súas inversións en Galicia e marchar a Portugal. Investirán seis millóns de euros nunha fábrica en Vila Nova de Cerveira. Un paso que dan a pesar de que a Xunta ten visitado as dúas factorías e ten destacado a súa importancia na economía galega. Os sindicatos lusos critican que as empresas galegas marchan a portugal polos baixos salarios e a "precariedade".
 
E que fai a Xunta para remedialo?. O seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, preguntado por GC, insistiu en que o seu goberno ten aprobado xa numerosas bonificacións fiscais para que as empresas galegas sigan producindo no país e, sobre todo, a posta en servizo de solo industrial con prezos máis competitivos que o portugués.
 
Con todo, e a pesar dos incentivos, as empresas galegas seguen marchando. O 80% do polígono industrial de Campos, en Vilanova de Cerveira, está xa ocupado por empresas galegas. “En Portugal hai menos horas de folga que en Galicia e os incentivos rexionais son 15 puntos maiores aos de Galicia”, recoñeceu o propio presidente galego sobre as posibles razóns desta deslocalización de empresas galegas.
 
En todo caso, Feijóo insistiu en que a Xunta “seguirá competindo” para mellorar os incentivos portugueses. “A ver que ocorre”, dixo e lembrou que Galicia medra un 3% anual mentres que Portugal aínda non chega a ese nivel. “Imos competir coas zonas industriais máis competitivas de Portugal para tentar ser mellores que eles”, dixo en resposta a GC.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

11 comentarios
5

Xoán

Será por q non teñen un goberno q paralizou un concurso eólico q era legal, creando inseguridade xurídica a os inversores.


4

Anti...

Se fora polas horas de folga na Francia non ficaría unha soa empresa. É o eivado do feixón que só vale pra subvencionar xornais..


3

Xesús Ateo Recalcitrante

Manda carallo! O que pode chegar a afirmar unha banda de incompetentes e sen vergoñas! Se os incompetentes sodes vos, Feijoo e pandilla, e non que os traballadores exerzan os seus dereitos.


2

Cbex

O que inventou a eurorrexion quedoulle a cabeza descansada, e agora veñen os zipaios a decir que temos que darnos cun canto nos dentes, porque somos 7 millóns de persoas e non se que mais , cando en Andalucía son 8 millóns e hai un 40% de paro.


1

Freixo

Folga, na língua de Galiza = dia de descanso, de repouso, de lazer. Atraiçoa o seu subconsciente a este zipaio infame?

6 respostas
1

Por XZJe: Zipaios había en Mozambique, cando a colonización portuguesa, en Galicia tamén os hai e son os chamados lusistas. Aínda que non chega a exército, pero si un pequeño batallón.

2

Por Galegofalantes, acougade: XZJe: a ver se, cando menos, aprendes a escribir, lambón, que é "sipaio" e non "zipaio". As veces é mellor ter a lingua no curral que ceibala.

3

Por 23vj: É tamén vou escribir "sigoto" e "sitara" e "sinta"? Por moito que metades palabras portuguesas nos dicionarios/rag non deixan de ser deturpacions que a xente ignora.

4

Por Ana: Aquí para a defecar moito ocioso que padece dun trauma racial agudo contra o luso, contra a periferia e contra a nai que o pariu. Ou serán simples becarios, animadores do xornalciño, que abusan dos preconceitos e se trasvisten de provocadores do fascio para gañar audiencia. En calquera caso, que ridículos sodes, que vermes máis repugnantes.

5

Por Freixo: Som a fez facista e espanholista à que imagino lhe pagam algo por impedir qualquer debate nestes fóruns. Como podes ver eles NUNCA dam argumentos nem contradizem ou matizam o exposto: limitam-se a insultar para impedir que o fórum funcione.

6

Por Freixo: Por certo, senhores de GC: ridícula a censura a palavras concretas quando se deixa que aqueles que impedem qualquer debate entrem impunemente no fórum a espalhar aquilo que sai polo ânus a torto e direito.


Fortaleza de San Lourenzo, en Goián (Tomiño). En Fronte, Vilanova da Cerveira, xa en Portugal

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.