Cal é o valor das patentes e marcas?

A Cámara de Comercio de Santiago e Cevipyme organizan unha xornada para informar ás empresas sobre as diversas modalidades de protección da propiedade industrial, a súa rendibilidade e defensa xurídica.

Por GC Emprende | Compostela | 22/09/2017

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e o Centro de Apoyo a la Pyme en materia de gestión de derechos de Propiedad Industrial, Intelectual e Innovación (CEVIPYME) celebrarán o vindeiro xoves, 28 de setembro, unha xornada sobre os aspectos máis significativos da propiedade industrial para a empresa. O obxecto da xornada é dar a coñercer ás pequenas e medianas empresas de Santiago e a contorna as vantaxes da propiedade industrial,  as súas diferentes modalidades e a súa axeitada xestión para obter dela a máxima rendibilidade.
 
Anselmo Díaz, iniciará a xornada presentando aos asistentes os servizos que se ofrecen ás empresas; ao igual que o membro da xefatura de Departamento de Xestión da Innovación e do Segapi, Antonio Rodríguez, que comentará os servizos e axudas que ofrece este organismo e mais a Axencia Galega de Innovación a empresas e emprendedores. 
 
Contarase tamén coa participación da Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) que impartirá un relatorio sobre as distintas modalidades de protección mediante propiedade industrial. A encargada de falar sobre a protección das ideas será a xefe da  Área de Difusión, Comunicación y Relación con la Empresa da Oficina Española de Patentes y Marcas), Mónica Castilla, que tamén analizará como rendibilizar os títulos de propiedade industrial e a súa defensa xurídica.
 
Finalmente, a xornada rematará cun caso de éxito onde se analizará a xestión empresarial da innovación e a comunicación da empresa Televés da man do seu director de Propiedade Industrial Daniel Dios. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Seminario de pemes en Santiago para impulsar os negocios na Internet / Cámara de Santiago

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.