O documental ‘Vigo 1972’ emociona ao recuperar as imaxes da folga que paralizou a cidade

A longametraxe foi preestreada no auditorio do Concello e chegará aos cines o 27 de outubro.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/09/2017

A preestrea da longametraxe documental 'Vigo 1972' congregou este mércores 27 no auditorio do Concello de Vigo ao aquipo artístico e técnico do filme, así como a un gran número de participantes e testemuñas dos feitos, que acolleron emocionados o visionado desta longametraxe documental que aborda a histórica folga que Vigo e a súa bisbarra viviron hai exactamente 45 anos.

O despedimento de cinco traballadores da factoría Citröen orixinou en setembro de 1972 unha folga de máis de dúas semanas de duración e que acabou por paralizar a totalidade da cidade de Vigo (factorias, comercios, autobuses...). O extraordinario do feito, que se desenvolveu en plena ditadura e baixo unha feroz represión, motivou que Vigo se convertise nun centro de interese informativo estatal e internacional e se situase á cabeza da loita antifranquista.

Emilio J. Fernández, produtor da cinta, salientou que 'Vigo 1972' é produto dun concienciudo traballo que se extendeu ao longo de tres anos nos que o proxecto foi medrando e enriquecéndose. “Narrativamente desenvólvese a través de distintos recursos e planos (entrevistas, dramatizacións, materiais de arquivo, cancións de época, etc.)  que potencian o dinamismo e atractivo da obra", dixo.

Roi Cagiao, director e guionista do filme, puxo énfase en que 'Vigo 1972' non aspira a ser  un documental meramente divulgativo, senón que ao tempo que dá a coñecer uns feitos de primeiro orde histórico acontecidos na cidae, pretende tamén emocionar e conmover ao espectador. “Somos moi optimistas sobre o resultado que a súa exhibición en cines pode ter na cidade; fala duns feitos que decenas de miles de vigueses viviron en primeira persoa pero que a poboación máis nova descoñece total ou parcialmente. O ritmo e estruturación da película cremos que a fai moi amena e accesible. Sería estupendo ver aos avós vigueses acudindo ao cine a vela cos seus netos”, comentou. 

O director considera, ademais, que “a folga de 1972 debería constituir un orgullo para a cidade e conmemorarse, como sucede coa Reconquista”.

O documental realizouse coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Foro pola Memoria de Galicia, o Festival Primavera do Cine e Aerocámaras; participaron ademais a Asemblea Republicana de Vigo, a Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo e a Asociación Cultural Fuco Buxán.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Estrea do documental ‘Vigo 1972’ / Arthur Gordon.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.