Emprendedores doutras autonomías melloran en Galicia os seus proxectos marítimos

Esta mañá foi o acto de apertura do Demoday da aceleradora “Innovación Oceáno Azul 4.0” programa centrado no sector marítimo e a Industria 4.0 e impulsado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos.

Por GC Emprende | Ferrol | 11/10/2017

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey destacou que as catro startups que están a participar no programa de aceleración Océano Azul, especializado en proxectos do sector marítimo, proceden de toda España e actualmente están a desenvolver os seus proxectos aquí.
 
O obxectivo deste programa, impulsado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, é acelerar proxectos especializados no sector marítimo, máis especificamente no ámbito da Industria 4.0, e a súa transformación en empresas innovadoras e viables, contribuíndo deste xeito a fortalecer o posicionamento do sector marítimo en Galicia, aumentar a súa proxección internacional e atraer e reter talento innovador. 
 
Desde maio pasado catro startups, Nido Robotics, Fuvex Civil, Javalsub-Hycogen e Janus System, están participando neste programa que inclúe un período de seis meses de acceso a asesoramento, mentorización, desenvolvemento de negocio e alianzas coa industria marítima (ás que as empresas poden aportar solucións tecnolóxicas) e as súas redes. Ademais, os catro proxectos reciben un financiamento directo de GAIN e poden optar a financiamento adicional a través do Fondo de capital risco Galicia Iniciativas Emprendedoras de XesGalicia. 
 
Nido Robotics é unha empresa creada en Murcia e dedicada ao desenvolvemento e venda de novos vehículos de exploración e inspección submarina (ROV) de baixo custo orientados a emprendedores, empresas e organismos públicos con necesidades de inspección e adquisición de datos na contorna mariña. Os promotores buscan o establecemento dunha sede de investigación, soporte técnico e comercial en Galicia, debido á importancia dos sectores marítimo, pesqueiro e acuicultura que hai na Comunidade. Xa contan con varios clientes en Portugal, Galicia e Asturias, que serán transferidos á sede galega.
 
Pola súa banda, Fuvex Civil é un proxecto xurdido en Pamplona que ten como misión dar acceso a grandes empresas e institucións á aeronáutica mediante drons híbridos avión/ multirrotor. O proxecto xurdido en Pamplona, do ámbito marítimo, e cuxa tecnoloxía xa está patentada, ten potencial en diferentes rangos de pesos e sectores (civil, militar, marítimo, etc).  
 
Procedente de Madrid, o proxecto Javalsub-Hycogen ofrece sistemas enerxéticos baseados en pilas de combustible e tecnoloxías de hidróxeno aplicables á propulsión de vehículos non tripulados e para sistemas portátiles. Xa contan con clientes como a Garda Civil e a Armada, entre outros, e teñen dúas patentes aprobadas. A tecnoloxía está nestes momentos en fase de proba concepto e queren constituír a empresa co apoio da aceleradora. 
 
Por último, Janus System, tamén procedente de Madrid, propón un sistema conxunto de hardware, software e sensores que pode ser instalado en calquera buque existente ou en construción, permitindo un aforro importante de custos, de tempo nas rutas e unha minimización do impacto ambiental. Integra nun único sistema a seguridade marítima, a eficiencia enerxética e a emisión de gases de CO2 e a navegabilidade, achegando o concepto de smartship. Xa dispón de clientes, entre os que se encontran armadores de buques e estaleiros. 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Equipo NIDO ROBOTICS / oceanoazul.co

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.