Feira de emprendemento verde na Coruña

Greenweekend impulsa en A Coruña os proxectos de emprendedores medioambientais. Este evento de emprendemento e innovación verde terá lugar o fin de semana do 20 ao 22 de outubro.

Por GC Emprende | A Coruña | 12/10/2017

A Fundación Aquae, en colaboración con Viaqua, impulsa do 20 ao 22 de outubro a vindeira edición de Greenweekend no centro Accede Papagaio de A Coruña. O obxectivo desta plataforma de emprendemento e innovación verde é facilitar aos profesionais do sector medioambiental ideas, recursos e mentoring para conseguir un emprego, ampliar a súa rede de contactos e impulsar empresas sustentables, así como mellorar a competitividade dlas empresas do sector xa existentes.
 
PATROCINADORES
Greenweekend é un evento de fin de semana –gratuíto e participativo- que organiza Enviroo, portal de emprego e emprendemento especializado no sector ambiental, co impulso da Concellería de Emprego e Economía Social do Concello de A Coruña, e o patrocinio de Viaqua, Fundación Aquae, Mapfre e Bankinter.
 
Este espacio de encontro persegue promover a cultura do emprendemento ambiental; axudar a emprendedores ambientais a poñer en marcha os seus negocios; contribuír a mellorar as súas capacidades e destrezas; e fomentar unha metodoloxía baseada no coñecemento compartido e no uso de casos prácticos para a aprendizaxe. 
 
Os emprendedores presentan os seus proxectos e contan con soporte e equipos durante toda a fin de semana para o seu impulso e desenvolvemento real. Aos candidatos se lles brinda a oportunidade de presentarse en público e coñecer empresas e emprendedores en busca de talento no sector medioambiental; e as empresas e recrutadores asisten para ver en acción e entrevistar a persoas que están traballando sobre proxectos reais.
 
CONCURSO
Greenweekend está diseñado como un evento para impulsar os proxectos de emprendedores verdes en tan só unha fin de semana, poñendo en contacto a empresas e emprendedores. Durante dous días, se presentan e poñen en común ideas innovadoras para poder desenvolvelas de forma colaborativa cun plan de negocio, unha presentación e un posible equipo para sacar adiante o proxecto. O domingo, un xurado, composto por representantes de empresas e institucións públicas, realiza as votacións e selecciona os mellores equipos e ideas. Os 3 mellores proxectos contan con apoio loxístico e premios para poder consolidar a súa idea. 
 
Ata a data, esta iniciativa suma 19 edicións en diferentes cidades españolas. A elas asistiron máis de 650 participantes entre emprendedores, profesionais e empresarios do sector en busca de talento. Nestos eventos se lanzaron máis de 70 novos proxectos medioambientais que impactan positivamente no entorno no que se desenvolven.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Greenweekend

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.