Feijóo di que os galegos “non serán os parvos útiles do independentismo catalán”

O presidente da Xunta advirte de que "os independentistas non van usar Galicia" e engade que "xa lles chega con utilizar o BNG". O Bloque afea o seu "golpismo" polos seus pronunciamentos sobre Cataluña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2017

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, proclamou este mércores que os galegos "non serán os parvos útiles do independentismo catalán" e advertiu que "non van usar a Galicia". "Xa lles chega con utilizar ao BNG", aseverou, en resposta á portavoz nacionalista, Ana Pontón, quen instou ao presidente a aclarar que papel vai xogar no debate aberto para "superar o postfranquismo" e "o réxime do 78".

Na sesión de control, Pontón afeou o "golpismo" de Feijóo polos seus pronunciamentos sobre Cataluña e expuxo activar un relatorio parlamentario que, entre outras cuestións, contemple o recoñecemento de Galicia "como nación", á vez que denunciou a "involución democrática" e a "recentralización" en España.

"Non estamos nun réxime postfranquista, estamos en plena democracia", replicou o xefe do Executivo e líder do PPdeG. Tanto é así, remarcou, que "no século XX se exiliaban os demócratas e agora exílianse os golpistas". Ao tempo, advertiu que o BNG quere un relatorio para "aplicar o seu programa", que non foi avalado "nas urnas" pola maioría dos galegos e que el non está disposto a aceptar.

"Deixen xa de repartir carnés de bos e malos galegos", pediu aos nacionalistas, á vez que reiterou, como xa fixo nalgunha ocasión anterior, que "a broma ilegal" de Cataluña pode custar a Galicia "5.000 millóns de euros".

Finalmente, defendeu que Galicia mantén o autogoberno, así como "a autonomía financeira e política". "Cal é o seu problema? Que a Xunta non se dedica ao folclore independentista? Aos galegos gústanos o noso folclore. Négome a que os galegos sexamos os parvos útiles do independentismo catalán. Non van usar Galicia, xa lles chega con utilizar o BNG", resolveu.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

8 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 6

    anonimo

    O rollo colonialista de sempre, cunha ortografía de neno de cinco anos., que lle debe facer gracia aos semianalafabetos. As pensións en Galicia páganse gracias a solidade territorial, o que se recauda eiquí cas cuotas da seguridade social non chega para pagar pensións


    5

    anonimo

    Please: A) O de Filipinas foi no século XIX; B) Hai milleiros de galegos, milleiros, traballando na Administración pública española. Hai xente que desbarra.


    4

    Anti...

    Galicia confidencial!!! Ca vosa censura previa, non hai vocabulario abondo pra escribir nos vosos textos.


    3

    xandocan

    Pois ten razón que non debemos ser os parvos útiles do nacionalismo catalán, porque eles nunca foron solidarios connosco e ainda por riba criticaban cada inversión na Galiza como un despilfarro, pero ainda menos debemos ser os tontos útiles do nacionalismo español que o único que fixeron foi mandar a morrer a nosa xente como carne de canon na defesa dos seus interese en Cuba,Marrocos, Filipinas ou na guerra civil, e agora pretender enfrentarnos aos catalans que a pesar de non ser solidarios polo menos recibiron aos nosos compatriotas que emigraron ala e deronle oportunidades que a administración española na Galiza non lles deu

    2 respostas
    1

    Por Elisenda en Camelot: Pois paréceme atinado o que escribes.


    2

    galiza con talalunña!!!-

    MUERA EXPAÑA O PAIS DA CARRAÑA, eu o que che diría a cara si che pillo por ahí adiante amigo dos narcos... pepeiro traidor a patria galega - MIREN ESTA GRAN PRELICULA DOCUMENTAL DO QUE PASOU DO QUE FIXERON AS DEREITAS EXPAÑOLENTAS LADROAS E ASASINAS (expaña e a nosa ruina, sobre todo os do norte nos rouban, sacan cartos os catalans sacan recursos e materias primas os galegos somos una colonia da fruta expaña... do país dos ladrons e son ladrons os pepeiros infames ) - https://www.youtube.com/watch?v=q-W...


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Alberto Núñez Feijóo no Parlamento

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.