Éxito do Aquae Talent Hub en Santiago

Preto de 400 emprendedores, profesionais e estudantes asistiron na Universidade de Santiago a este encontro impulsado pola Fundación Aquae, Viaqua e a USC.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 09/11/2017

Éxito do Aquae Talent Hub, un espazo de debate e reflexión en torno á innovación e o empremento, impulsado pola Fundación Aquae, Viaqua e a Universidade de Santiago. Alí, na Facultade de Económicas, 400 emprendedores, profesionais e estudantes gozaron este mércores da master class do escritor e xornalista Santiago Roncagliolo e do obradoiro práctico conducido pola investigadora Irene Lapuente.

Roncagliolo contou a súa experiencia persoal na Amazonía peruana, onde viaxou en 2015, da man de UNICEF e Fundación Aquae, para coñecer cómo é vivir sen auga segura e sen saneamento. O escritor, xornalista e guionista peruano explicou o enorme reto que supón levar auga e sistemas de saneamento a esta población indíxena, un cruel paradoxo xa que neste territorio a auga é a protagonista da vida: "El río es la tienda, la nevera, la autopista, un foco de enfermedades", describiu.

O escritor gañouse ao público asistente ao Aquae Talent Hub coas súas reflexións sobre o contraste de civilización, chamando a atención sobre as carencias dos servizos máis básicos que padece a comunidade indíxena e os problemas que isto representa para a súa calidade e esperanza de vida.

Pola súa parte, Irene Lapuente, investigadora e fundadora de La Mandarina de Newton, cautivou aos asistentes do evento mediante experiencias de motivación desde a perspectiva do desing thinking, a empatía, a identificación e a ideación. 

Lapuente destacou a importancia de traballar en equipo: "Para la innovación solidaria es necesaria la empatía porque ésta mira a las personas y al entorno. La empatía nos ayuda a ponernos en la piel de otras personas y a poder encontrar soluciones a problemas, que muchas veces no percibimos, y también a resolver conflictos", expresou.

A investigadora convidou ao público a "dejar de ser solucionadores para saber identificar el marco de los problemas, lo que conducirá a verdaderas soluciones innovadoras".

Aquae Talent Hub converteuse nun lugar de encontro onde compartir coñecemento e potenciar o talento; nunha plataforma de impulso a novas ideas. Desde febreiro, cando se puxo en marcha esta iniciativa, máis de 2.800 personas xa participaron desta experiencia en Elche, Murcia, Málaga e Santiago de Compostela, que xa acolleu outra edición en maio. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Aquae Talent Hub en Santiago de Compostela.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.