Emerxencias defende a súa actuación na vaga de lumes a pesar das críticas dos traballadores

O director xeral de Emerxencia,Luís Menor, di que houbo unha resposta “razoablemente boa” nunha situación “extrema” e cre que non era necesario elevar o nivel de situación operativa decretado. O PSdeG pono en cuestión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2017

O director xeral de Emerxencias, Luís Menor, defendeu unha resposta "razoablemente boa" nunha situación "extrema" durante a vaga de incendios de mediados de outubro, á vez que nega que existise "descoordinación". Na comisión parlamentaria Institucional, o deputado socialista Juan Díaz Villoslada denunciou que traballadores de 112, bombeiros, brigadistas e GES trasladan "unha certa sensación de caos" no operativo de emerxencias durante a vaga de lumes, con "fragmentación e falta de recursos".

En resposta, Menor remarcou que este ano deuse un "paso moi importante para adiante" ao crear un procedemento de actuación "sinxelo, pero moi útil" en situación operativa 2, "cando hai perigo para a vida". Para iso, mantivéronse reunións cos delegados territoriais, que "son os directores do plan nesta situación 2".Aquí, destaca que se puxeron en marcha actuacións "por primeira vez" de postos de mando avanzados, que "leva establecido un mecanismo importante de coordinación e resposta" nestes casos.

O nivel 2 activouse no Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais (Peifoga) "até en 24 ocasións" nunhas 36 horas, "tres veces máis que nun ano enteiro". Nese momento, explica, establécese que o mando único recae nos delegados territoriais, que "estiveron en todos os incendios".

Após iso, no momento no que as situacións "se complicaron" e "xa era imposible constituír máis postos de mando avanzado" constituíronse o domingo niveis 2 de tipo provincial ás 20,30 en Pontevedra e ás 21,00 en Ourense.

Cuestionado sobre o deputado socialista sobre se ese era o nivel necesario e se se debería incrementar, Menor contestou: "Nese momento houbo unha situación extrema para chegar ao que sería o nivel da Xunta? Entendemos que nese momento non era o caso, pero a Xunta e os conselleiros estaban á fronte, perfectamente informados, e tomando as súas decisións".

CRÍTICAS DO PSDEG

Pola súa banda, Villoslada esixe unha "revisión" no funcionamento do sistema de emerxencias, que "está en cuestión" após o "desastre" dos días 14 e 15 de outubro, marcado polos "erros de coordinación".

A este respecto, chama a atención sobre que nas 30 medidas de loita contra o lume propostas pola Xunta só se inclúe unha relativa ao mando único de todos os servizos de emerxencias, que "estaba xa no propio marco actual".

OPERADORES 112

Así mesmo, o deputado socialista lamentou que non hai "mínima autocrítica" por parte da Xunta para tomar medidas necesarias para un funcionamento "máis eficaz". Pon como exemplo que parques de bombeiros dalgunhas cidades tardaron "máis de 10 horas" en ser mobilizados e que só había sete operadores na mañá do domingo dos incendios no 112.

Sobre este extremo, Luís Menor admitiu que na mañá do domingo 15 de outubro había sete operadores no 112, unha cifra que considera lóxica porque "non houbo esas colas de chamadas que se produciron pola tarde". Xa pola tarde, o persoal reforzouse até nun "150%" e un "200%" nos momentos máis críticos.

Tamén defendeu a rede de comunicación de emerxencias propia creada pola Xunta, que facilita o seu uso mediante a cesión de máis de 900 terminais a diferentes grupos. "Non debe ser unha rede tan mala cando o concello de Vigo adaptouna", indicou.

RESPONSABILIDADE DE CONCELLOS

Logo de facer referencia ao grupo de traballo para as emerxencias creado en setembro, subliñou que completar o mapa de emerxencias de Galicia "require conformidade doutras administracións" como o visto e prace dos concellos para comarcalizar os seus parques.

Xunto a isto, Menor lembra que a Xunta "non é titular de servizos" que corresponden a municipios aínda que teña potestade en coordinación, polo que "non ten a mesma eficacia que nun servizo que lle é propio".

No entanto, sostén que "cada administración fixo o que puido e o mellor que puido", de forma que "non houbo un caso de rebeldía" para tomar a decisión de "substitución" do mando sobre os servizos.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Operarios da Xunta traballan no bosque totalmente calcinado en Ribarteme (As Neves), tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro de 2017 / Miguel Núñez.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.