Regresan a Galicia 120 dos 200 policías desprazados a Cataluña polo referendo de independencia

O SUP denuncia que foron "insultados e vexados" por "facer cumprir a Constitución" e as "ordes xudiciais". Pero tamén critica as precarias condicións nas que foron aloxados os axentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2017

Un total de 120 dos 200 policías galegos que o pasado 21 de setembro foron desprazados a Cataluña para reforzar a presenza das forzas e corpos de seguridade do Estado ante o referendo do 1 de outubro regresan este luns a Galicia.

Diso informou o Sindicato Unificado de Policía (SUP), que dixo que os axentes contribuíron a "garantir o estado de benestar, a seguridade cidadá e a dar cumprimento ao mandamento xudicial de ilegalidade" na consulta de independencia do 1 de outubro e nos días previos e posteriores.

Segundo lembrou o sindicato, estes funcionarios "foron aloxados en barcos atracados en portos cataláns, cuxas habitacións eran de dimensións moi reducidas, coa comida de moi dubidosa calidade e cantidade". Ademais, censura que foron "insultados, vexados, golpeados e acusados".

"Foron convidados a abandonar restaurantes, hoteis ou ximnasios. Varios taxistas negábanse a trasladalos... Todo isto por garantir a seguridade de todos os cidadáns e facer cumprir a Constitución e as ordes xudiciais establecidas", denunciou o SUP.

Ante iso, o SUP deulles a benvida para que teñan un "merecido e necesario descanso" que "tan valientemente se gañaron" por "realizar o seu traballo".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Incidentes entre antidisturbios e manifestantes durante o referendo de independencia de Cataluña/ Miguel Núñez

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.